1ª SEMANA – ICTUS «ANATOMÍA DA DERRADEIRA LEICIÓN» DE CASTELAO

CHÉVERE

Espectáculo documental de Chévere que, a partir do cadro “A derradeira leición do mestre” de Castelao e da historia dunha muller con dano cerebral adquirido, investiga como se constrúen as narrativas da memoria sobre o golpe do 36 en Galicia, combinando humor, testemuño e accesibilidade en galego e lingua de signos.

SINOPSE:

Unha obra sobre a memoria, sobre a relación que existe entre boa memoria e boa democracia e sobre os traumas sen resolver coa nosa memoria histórica. Unha obra que usa como fío condutor o cadro titulado “A derradeira leición do mestre”, que é a derradeira pintura que Castelao asina no exilio, cando xa estaba case cego. A obra de Chévere propón unha viaxe inversa á procura da memoria do cadro, desde o acto de recepción que lle organiza o goberno galego cando chega por primeira vez a Galicia no 2018 para protagonizar unha exposición sobre a educación, ata o acto en memoria de Alexandre Bóveda no que se presenta en público por primeiravez no Centro Ourensán de Bos Aires (Arxentina) o 17 de agosto de 1945, noveno cabodano do fusilamento de Bóveda polos militares golpistas, declarado Día dos Mártires de Galicia pola colectividade galega desterrada. Unha viaxe escénica para entender como se constrúen as narrativas da memoria. Chévere argalla un dispositivo documental no que se cruzan as voces de numerosas testemuñas, para mirar a historia desa memoria colectiva traumática a través do espello dunha historia persoal. A historia dunha muller que sufre alteracións e perda da memoria por un dano cerebral adquirido, causado por un ictus que lle dá durante o acto de recepción do cadro de Castelao celebrado na Cidade da Cultura.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

CHÉVERE

Dirección

Xron

Dramaturxía

Xron

En escena

Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Gema Santos, Marcos Pereira

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

Sala Ártika

Público a partir:

12

Duración:

105

Xénero:

Teatro documental, Castelao, memoria histórica

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

14

Venta xeral
(en taquilla)

17
HELEN KELLER. A MULLER MARABILLA?
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email