A HISTORIA DO COELLIÑO BRANCO

MIGALLAS TEATRO

XI FESTIVAL PEQUEÁRTIKO

A historia do coelliño branco é unha adaptación teatral do conto popular portugués, dirixida ao público infantil a partir de 1 ano. Cunha coidada posta en escena con monicreques, música e obxectos, Bea Campos interpreta esta divertida historia sobre valentía, amizade e solidariedade, perfecta para a primeira experiencia teatral en familia

SINOPSE:

Nun día soleado, o coelliño branco sae da casa para ir á horta buscar coles coas que preparar un caldiño. Ao regresar, atópase coa súa porta pechada: unha cabra cabresa apoderouse da súa casa e ameázao con saltarlle enriba da cabeza se non marcha. Comeza así unha fermosa viaxe escénica na que o coelliño busca axuda para recuperar o seu fogar. A historia desenvolve un relato clásico no que o animal máis pequeno debe enfrontarse a un máis grande, pero cun xiro que destaca a importancia do apoio mutuo e da valentía, grazas á intervención da formiga. Un espectáculo musical, visual e participativo que achega á cativada aos valores da amizade e o coraxe, nun ton terno e divertido.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Conto popular portugués

Dirección

Bea Campos

Dramaturxía

Bea Campos

En escena

Bea Campos e Alicia Otero

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

1

Duración:

40

Xénero:

Contacontos con monicreques, música e obxectos

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

9

Venta xeral
(en taquilla)

11
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email