Entradas para o espectáculo “ANTES DE QUE LLEGUE LA BESTIA - CIA. ENSALLE” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Venres 23, Sábado 24 e domingo 25 de outubro de 2020
Hora:
- Venres 23 de outubro ás 21:30h
- Sábado 24 de outubro ás 21:30h
- Domingo 25 de outubro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 14€
Idades recomendada: + 16 anos
Duración: 60 min
Entradas para o espectáculo “ANTES DE QUE LLEGUE LA BESTIA - CIA. ENSALLE” o Venres 23, Sábado 24 ou Domingo 25 de outubro na Sala Ártika.
SINOPSE:
A peza enmárcase no contexto Canchales; unha iniciativa de investigación escénica promovida en 2016 pola Compañía Ensalle, na cal, convídase a creadores da escena contemporánea a participar dos nosos procesos de creación, posibilitando experimentar camiños comúns e profundar en ideas desde distintas perspectivas. Neste caso a colaboración está a realizarse con Terrorismo de autor e Antoine Forgeron (Canchal VI), Terrorismo de autor (Canchal VI.2) e Sergi Fäustino (Canchal VII).
Bestia é a palabra chave da peza. A Bestia política e económica, a Bestia social, o que deixou a Bestia nos nosos corpos, a miña propia Bestia. A mirada sitúase no contexto socio-político actual, hoxe. Como está construído o sistema, como nos afecta, como nos relacionamos con el, como podemos evidenciar á Bestia, como podemos destruír a evidencia.
Bailar a golpes, militar palabras, a acción como rastro do posible, camiñar igual de fronte que de costas, aullar. Pequenas revelacións ou presentimentos.
As entradas para o espectáculo “ANTES DE QUE LLEGUE LA BESTIA - CIA. ENSALLE” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14€ ou 10€ + gastos de xestión.
FICHA ARTÍSTICA
Con Raquel Hernández, Artús Rei y Pedro Fresneda
Dirección e texto: Pedro Fresneda
Deseño de Iluminación y espacio escénico: Pedro Fresneda
Material audiovisual: Terrorismo de autor
Fotografía: Bieito Rei