Entradas para o espectáculo “AS PALABRAS PERDIDAS – INVENTI TEATRO ” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Sábado 18 e domingo 19 de maio de 2024
Hora:
- Sábado 18 de maio de 2024 ás 18:00h
- Domingo 19 de maio de 2024 ás 18:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 8 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
- En taquilla: Entrada Xeral: 10 €
Idades recomendada: + 4 anos
Duración: 45 min
Xénero: Comedia
Idioma: Galego
Entradas para o espectáculo “AS PALABRAS PERDIDAS – INVENTI TEATRO” o sábado 18 e domingo 19 de maio de 2024 na Sala Ártika.
SINOPSE:
A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes. palabras como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto. “As palabras perdidas” é un espectáculo de teatro versátil que se adapta a un espazo interior ou exterior. Unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia. As familias asistentes aprenderán a nomear en galego conceptos sinxelos como os números, as cores e os hábitos cotiás. Con todo, tamén coñecerán palabras que se atopan máis agochadas.
As entradas para o espectáculo “AS PALABRAS PERDIDAS – INVENTI TEATRO ” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 10 € ou 8 € + gastos de xestión.
FICHA ARTÍSTICA:
Dirección e dramaturxia Bea Campos
Elenco Bea Campos e Marcos Alonso
Asesor lingüístico Carlos Yus
Vestiario Ali Otero
Espazo sonoro María Alonso Costas
Produción Bea Alonso
Escenografía e deseño gráfico J.M. Sagüillo
Axudante de dirección Fernanda Barrio