Entradas para o espectáculo “ASFIXIA – VÓRTICE ESCÉNICO” na Sala Ártika de Vigo.
Data: sábado 27 e domingo 28 xaneiro de 2024
Hora:
- Sábado 27 de xaneiro ás 20:00h
- Domingo 28 de xaneiro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
- En taquilla: Entrada Xeral: 14 €
Idades recomendada: + 12 anos
Duración: 60 min
Xénero: Traxicomedia
Idioma: Galego
Entradas para o espectáculo “ASFIXIA – VÓRTICE ESCÉNICO”” o sábado 27 e domingo 28 de xaneiro de 2024 na Sala Ártika.
SINOPSE:
Un esperpéntico pesadelo asalta a Ágata días antes do seu trinta e catro aniversario: uns escuros seres de cabeza de porco e corpo humano axitan o seu soño e os cimentos da súa vida. Este pesadelo non é outra cousa que o resorte que desencadea unha crise existencial nesta muller afeita a cumprir as expectativas alleas. Ansiosa por facer algún cambio na súa monótona realidade co seu monótono marido, e motivada polo noxo que as criaturas do seu soño lle inspiran, Ágata decide deixar de comer carne.
Esta pequena decisión individual, que non tería por que ser posta en cuestión por ninguén, é ferozmente combatida polo seu entorno,concretamente pola súa sogra, Silvia, que personifica á loita da sociedade contra o individuo.Veremos como, nun contexto familiar tan ríxido como o de Ágata, esa pequena decisión individual, aparentemente tan minúscula e inofensiva, xerará un inexorable efecto dominó sobreo resto dos personaxes, asomando a cada un deles ao seu particular abismo.
Esta é a trama principal de Asfixia, de José Luis Baños de Cos. Unha dramaturxia que se apoia sobre os seguintes eixos conceptuais, asentados en varias dualidades que entran en conflito: o individuo fronte a masa, o inconformismo contra o conformismo, o diferente contra a homoxeneidade e a permanencia fronte a ausencia.
Catro personaxes, catro entes narradores, unha manda de porcos e catro intérpretes en escena.Tres eixos espazo-temporais e tres historias que se entrecruzan. Eses son os ingredientes principais de Asfixia. Abrámolo pano.
Ficha artística:
Autor: José Luis Baños de Cos
Dirección: Roberto Casal
Interpretación – elenco: Andrea Blanco Dios, Marcos Fernández, Marcos Grandal e Ana San
Fernando
Deseño de espazo escénico e iluminación: As dúas e punto (Carmen Casal e María Torres)
Música orixinal: Marcos Grandal
Fotografía: Sofía Solveira
Coa colaboración de MIT Ribadavia, ESAD Galicia, Concello de Pontevedra, Concello de A Illa de Arousa, Sala Ártika.