Entradas para I FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA – CHÉVERE” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Venres 11, Sábado 12 e domingo 13 de setembro de 2020
Hora:
- Venres 11 de setembro ás 21:30h
- Sábado 12 de setembro ás 21:30h
- Domingo 13 de setembro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 14€
Idades recomendada: + 12 anos
Duración: 70 min
Entradas para I FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA – CHÉVERE” o Venres 11, Sábado 12 ou Domingo 13 de setembro na Sala Ártika.
SINOPSE:
"As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Trabancas, concello de Padrenda, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.
Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para a sensibilización social sobre o impacto do cambio climático na nosa forma de vida. As Fillas Bravas e o mito de Casandra é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores de aldea tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando a sabedoría popular; e por outro, é un espectáculo con perspectiva de xénero á procura de modelos de empoderamento feminino."
As entradas para I FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “AS FILLAS BRAVAS E O MITO DE CASANDRA – CHÉVERE” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14€ ou 10€ + gastos de xestión.