Entradas para I FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “MOFA E BEFA: DUAS PEDRAS NO CAMIÑO - PRODUCIÓNS EXCENTRICAS” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Venres 02, Sábado 03 e domingo 04de setembro de 2020
Hora:
- Venres 02 de setembro ás 21:30h
- Sábado 03 de setembro ás 21:30h
- Domingo 04 de setembro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 14€
Idades recomendada: + 16 anos
Duración: 60 min
Entradas para I FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “MOFA E BEFA: DUAS PEDRAS NO CAMIÑO - PRODUCIÓNS EXCENTRICAS” na Sala Ártika de Vigo.
SINOPSE:
Dúas pedras no Camiño é un titulo xenérico para un espectáculo antolóxico das pezas míticas que se manteñen na memoria do público: “Aquela obra que viche coa tua nai, agora podes levar ao teu neto” Ao longo da xira poden mudar algunha das pezas a requerimento do público ou dos contextos que aporte o lugar ou o tempo da representación.
Sen dúbida, comezará con número titulado: “Os 33 reiseñores da Porqueira” que é o prólogo ideal para calquera evento e un dos números mais sutís e celebrados do dueto. Atrás deste virán os números culinarios, de homenaxe ás grandes figuras do cinema, a escritores inmorredoiros, ou as parodias do circo. O título, “Dúas pedras no Camiño” xoga coas alusións á música popular e a sua filosofía, que nos lembra que unha pedra no camiño pode ser algo que nos ensine e nos transforme, ainda que tamén lembra á función dos cómicos de seren unha pedra no zapato... en fin, rolar e rolar!
Entradas para I FESTIVAL COMEDIÁRTIKO do espectáculo “MOFA E BEFA: DUAS PEDRAS NO CAMIÑO - PRODUCIÓNS EXCENTRICAS” na Sala Ártika de Vigo.