Katia the Cat é unha gata detective privada que vive no Mundo Gato, concretamente na cidade de Catburgo. Unha mañá, a cidade esperta conmocionada pola desaparición das “Gemas do Poder” do Templo das deusas gato Panterian e Florai.
Fofín, o recolledor do lixo, asegura ter visto dous ratos fuxindo co botín ao anoitecer… Podería estar a maléfica Dra. Chigüiro detrás deste crime? Con axuda do seu fiel asistente Ramón Pumita, Katia deberá iniciar unha investigación chea de acción, intelixencia e toques de humor para salvar a súa cidade.
Inspirada por unha historia imaxinada por dúas crianzas (Sué e Nilo Londoño Trueba), Katia the Cat é unha comedia con corazón, onde a amizade, o traballo en equipo e o enxeño acaban por derrotar á escuridade