Entradas para a PROGRAMACIÓN OFF no ambigú da Sala Ártika de Vigo do espectáculo “MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR - BEA CAMPOS”.
Data: sábado 18 de maio de 2024
Hora: sábado 18 de maio ás 20:30h
Recinto: Ambigú da Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
En taquilla: Entrada Xeral: 14 €
- Idades recomendada: + 16 anos
Duración: 50 min
Entradas para a PROGRAMACIÓN OFF no ambigú da Sala Ártika de Vigo do espectáculo “MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR - BEA CAMPOS” o sábado 18 de maio na Sala Ártika.
SINOPSE:
Marcho que teño que Marchar é un emocionante e divertido espectáculo unipersonal protagonizado por Bea Campos. Un momento para a reflexión sobre os roles establecidos, as herencias culturais e as tradicións familiares. Un cesto de historias e segredos de familia feito con mimbres de muller, onde elas son as protagonistas. Na miña casa está moi mal visto andar falando do que sucede na familia. Pero que facer se diante túa acontecen cousas incribles? Se che contan historias e lendas misteriosas das que non se pode falar en alto… Pois segundo o meu punto de vista tiña dúas opción, calar para sempre ou artellar un divertido e teatral espectáculo de narración oral. Iso si, tédesme que gardar o segredo xa que todo o contado sucedeu de verdade.
As entradas para a PROGRAMACIÓN OFF no ambigú da Sala Ártika de Vigo do espectáculo “MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR - BEA CAMPOS” teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.