ÑAM ÑAM

BAMBALÚA TEATRO

XI FESTIVAL PEQUEÁRTIKO

Ñam Ñam é unha comedia para todos os públicos que mestura o humor, a crítica social e a tradición escénica nunha posta en escena trepidante. A compañía Bambalúa Teatro ofrece unha obra divertida e áxil inspirada no teatro breve dos séculos XVI e XVII, onde a fame, o enxeño e a picaresca guían as desventuras dun puchero de garavanzos que pasa de man en man. Unha farsa contemporánea con alma clásica.

SINOPSE:

Ñam Ñam é unha historia de enredos, fames e trampas. Un humilde puchero de garavanzos vai cambiando de dono a través de trampas, mentiras e enganos. Cada personaxe, movido pola gula, a avaricia ou a necesidade, tenta facerse co cobizado tesouro culinario. Inspirada nas novelas picarescas e nos entremeses do teatro breve español dos séculos XVI e XVII, Ñam Ñam compón unha galería de personaxes bufonescos e cheos de retranca. A montaxe está formada por un catálogo de burlas e xogos cómicos que, sen renunciar á crítica social, fai do humor o seu motor principal. Tres intérpretes dan vida a once personaxes nesta comedia áxil e delirante que rende tributo á farsa medieval e barroca

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Bambalúa Teatro

Dirección

Bambalúa Teatro

Dramaturxía

Bambalúa Teatro

En escena

Alejandro Britos, Alfonso Matía e Cristina Salces

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

8

Duración:

60

Xénero:

Comedia teatral de estilo picaresco e farsa contemporánea

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

9

Venta xeral
(en taquilla)

11
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email