Entradas para o espectáculo “NEURA - DE STE XEITO PRODUCIONS” na Sala Ártika de Vigo.
NOVA FUNCIÓN EN OUTUBRO: https://www.artikavigo.com/neura_ev25135.html
Data: venres 31 de maio de 2024
Hora: Venres 31 de maio de 2024 ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
- En taquilla: Entrada Xeral: 14 €
Idades recomendada: + 14 anos
Duración: 60 min
Xénero: Comedia
Idioma: Castelán
Entradas para o espectáculo “NEURA - DE STE XEITO PRODUCIONS” venres 31 de maio de 2024 na Sala Ártika.
SINOPSE:
NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.
Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.
Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.
Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.
Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.
As entradas para o espectáculo “NEURA - DE STE XEITO PRODUCIONS ” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.