SALA ÁRTIKA

EXISTIMOS, RESISTIMOS! 10º ANIVERSARIO

Celebramos unha década de arte, creatividade e innovación escénica. Desde os nosos inicios existimos e resistimos como un espazo independente e comprometido coa cultura alternativa en Galicia, apoiando o talento emerxente e ofrecendo experiencias únicas que conectan artistas e público.
Únete a esta celebración da arte que nos conmove!

Programación

ÉPICA VULGARIS

IMPROVERSADOS
12/09/2025 20:00:00
19/12/2025 20:00:00

NON PASARÁN

ARTIKA CÍA.
29/11/2025 20:00:00
30/11/2025 20:00:00

SANTIAGO MEIJIDE

SANTIAGO MEIJIDE
12/12/2025 20:00:00

CHEGAR E ENCHER

BEA CAMPOS
13/12/2025 20:30:00

OS CONTOS DO LOBICAN

REDRUM TEATRO
22/12/2025 18:00:00

¿CUANTAS ESTRELLAS PUEDES CONTAR?

TITERES SIN CABEZA
23/12/2025 18:00:00

O LIBRO DA SELVA, O MUSICAL

ARTIKA CÍA.
24/12/2025 12:00:00

PAÑUELOS

TARAMBANA ESPECTÁCULOS
26/12/2025 16:30:00
26/12/2025 18:00:00

Aprende, crece e exprésate a través das artes escénicas.

Cada programa foi coidadosamente deseñado para atender ás necesidades e obxectivos do noso alumnado. Cun enfoque integrador e profesional, ofrecemos unha experiencia educativa completa para aqueles que desexen aprender, crecer e expresarse a través das artes escénicas.

ÁRTIKA Ártika Vigo
Información Clave:

A QUEN VAI DIRIXIDO: Actrices, actores, directoras-es, dramaturgas-os, estudantes de artes escénicas e todas aquelas persoas interesadas na interpretación e creación escénica.

Ártika Cia.

Para nós, o teatro non só entretén, senón que ten unha finalidade clara. Cada unha das nosas producións busca unir a maxia do espectáculo cun enfoque educativo e crítico, fomentando a reflexión e a concienciación no noso público. Dedicámonos a ser ese vínculo vital entre as artes escénicas e o compromiso social, proporcionando experiencias teatrais que inspiran, educan e marcan verdadeiramente a diferenza.

Ártika Cia destaca nos Premios María Casares 2025.

A compañía Ártika Cia é finalista dos Premios María Casares con dúas das súas producións. "Pum! Pum! Quen ahí?" está nominada a Mellor Maquillaxe (Fernanda Barrio e Rocío Salgado) e Mellor Espectáculo Infantil. "Non pasarán" é finalista nas categorías de Mellor Vestuario (Carlos Alonso) e Mellor Texto Orixinal (Vanesa Sotelo e Tito Asorey). Parabéns a todo o equipo!

NON PASARÁN — ÁRTICA CIA na Sala Ártika Vigo