Hai espectáculos que non rematan cando se acenden as luces. Nesta sección do noso programa, ao final de cada función poderás quedar un anaco máis e conversar cos artistas: preguntar, debater, compartir o que che removeu por dentro.
Oito propostas, oito ocasións para ir máis aló do escenario.
ISTO NON É UN ACTO POLÍTICO — 10/10/2026, 20:00 | OH MAMMI BLUE — 31/10/2026, 20:00 | SIÉNTESE — 7/11/2026, 20:00 | 1972 — 12/11/2026, 20:00 | ESCUPIR AL CIELO — 21/11/2026, 20:00 | A ARTE DA GUERRA — 28/11/2026, 20:00 | 4200 KM — 12/12/2026, 20:00 | MULLERES QUE VIVEN SOAS — 19/12/2026, 20:00
Cada programa foi coidadosamente deseñado para atender ás necesidades e obxectivos do noso alumnado. Cun enfoque integrador e profesional, ofrecemos unha experiencia educativa completa para aqueles que desexen aprender, crecer e expresarse a través das artes escénicas.
24/10 | 10 hs · Confer. demostración e
11 a 14 hs · 1o día do Seminario
25/10 | 11 a 14hs · 2o día do Seminario
28/11 e 29/11
10h -14h – 8 horas
19/12 | 11h-14h a 16h-19h
20/12 | 11h-14h a 16h-19h
Para nós, o teatro non só entretén, senón que ten unha finalidade clara. Cada unha das nosas producións busca unir a maxia do espectáculo cun enfoque educativo e crítico, fomentando a reflexión e a concienciación no noso público. Dedicámonos a ser ese vínculo vital entre as artes escénicas e o compromiso social, proporcionando experiencias teatrais que inspiran, educan e marcan verdadeiramente a diferenza.
Ártika Cia destaca nos Premios María Casares 2025.
A compañía Ártika Cia é finalista dos Premios María Casares con dúas das súas producións. "Pum! Pum! Quen ahí?" está nominada a Mellor Maquillaxe (Fernanda Barrio e Rocío Salgado) e Mellor Espectáculo Infantil. "Non pasarán" é finalista nas categorías de Mellor Vestuario (Carlos Alonso) e Mellor Texto Orixinal (Vanesa Sotelo e Tito Asorey). Parabéns a todo o equipo!