MOFA E BEFA: OS DOUS DE SEMPRE. O REGRESO

PRODUCIÓNS EXCENTRICAS

VI FESTIVAL COMEDIÁRTIKO

ofa e Befa: Os Dous de Sempre. O Regreso é unha comedia teatral que homenaxea o universo humorístico de Castelao a través das personaxes de Pedriño e Rañolas. Con dirección de Quico Cadaval e dramaturxia de Carme Varela, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira dan vida a esta nova proposta de Producións Teatrais Excéntricas, que mestura sátira, cultura popular e o mellor da tradición cómica galega

SINOPSE:

Pedriño e Rañolas son dous amigos inseparables, antagónicos e entrañables: un é idealista e soñador, o outro materialista e pragmático. Son “os dous de sempre”, criaturas nacidas do papel e do humor gráfico de Castelao, agora traídas á escena por Mofa e Befa. Nesta nova aventura, o dúo cómico máis emblemático do país encarna os arquetipos da comedia galega, mesturando bufóns, pallasos, nenos e tolos nunha viaxe teatral tan divertida como fonda. A escena convértese nun espazo onde corpo e alma, risa e crítica, tradición e vangarda se dan a man. Un espectáculo para rir, pensar e celebrar o humor como patrimonio colectivo.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Evaristo Calvo e Vitor Mosqueira

Dirección

Quico Cadaval

Dramaturxía

Carme Varela

En escena

Evaristo Calvo e Vitor Mosqueira

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

14

Duración:

60

Xénero:

Comedia

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

11

Venta xeral
(en taquilla)

15
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email