CHEGAR E ENCHER

BEA CAMPOS

Chegar e encher é un monólogo escénico ácido e humorístico creado e interpretado por Bea Campos. Un espectáculo de Inventi Teatro que mestura narración oral, cabaré e improvisación para reflexionar sobre as expectativas sociais, os roles de xénero e a beleza do fracaso. Cun formato íntimo e directo, convértese nunha experiencia teatral tan divertida como reveladora.

SINOPSE:

Pasen e vexan: esta muller que agora está no escenario foi unha nena encantadora, segundo dicían as veciñas e a súa mestra de primaria. Tiña todo o necesario para ter unha vida feliz, tranquila, previsible… pero a realidade deu voltas inesperadas. Chegar e encher é un monólogo no que Bea Campos explora, con humor e honestidade, as contradicións da vida adulta, a presión por cumprir coas expectativas e a imposibilidade de encaixar nun guión alleo. Entre a improvisación, a narración oral e o cabaré, o espectáculo constrúe un retrato tan persoal como colectivo sobre o que significa vivir (e fracasar) fóra do establecido.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Bea Campos

Dirección

Bea Campos

Dramaturxía

Bea Campos

En escena

Bea Campos

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

AMBIGÚ SALA ÁRTIKA

Público a partir:

18

Duración:

50

Xénero:

Comedia, Teatro Unipersonal

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

11

Venta xeral
(en taquilla)

15
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email