¿CUANTAS ESTRELLAS PUEDES CONTAR?

TITERES SIN CABEZA

XI FESTIVAL PEQUEÁRTIKO

Unha lenda xaponesa, monicreques de mesa, sombras chinesas e música en directo combínanse neste espectáculo de Títeres sin Cabeza que convida a nenas e nenos a mirar cara ao ceo e soñar grande. ¿Cuántas estrellas puedes contar? é unha peza poética e educativa sobre o universo, as mulleres na ciencia e a beleza de descubrir, pensada para abrir portas cara á astronomía desde a arte e a imaxinación

SINOPSE:

Orihime, a princesa tecelá, atrévese a achegarse ás estrelas para descubrir os seus segredos, igual que fixeron moitas mulleres científicas ao longo da historia. Inspirada por unha antiga lenda xaponesa, esta historia viaxa pola noite estrelada da man de monicreques, sombras e música en directo. Un espectáculo para iniciar aos máis pequenos, e sobre todo ás máis pequenas, na astronomía a través da metáfora e da poesía, promovendo igualdade, curiosidade científica e soños sen límites. Porque arte e ciencia poden, xuntas, chegar moi lonxe.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Alicia Juárez

Dirección

Alicia Juárez

Dramaturxía

Alicia Juárez

En escena

Alicia Juárez e Fernando Martínez

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

6

Duración:

65

Xénero:

Teatro de monicreques con sombras e música en directo.

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

9

Venta xeral
(en taquilla)

11
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email