O LIBRO DA SELVA, O MUSICAL

ARTIKA CÍA.

XI FESTIVAL PEQUEÁRTIKO

O Libro da Selva: O Musical é unha vibrante reinterpretación contemporánea do clásico de Kipling, creada por Ártika Cía e dirixida a público familiar (+5 anos). Cun elenco de cinco actores e música orixinal en galego, o espectáculo explora valores como a diversidade, a cooperación e a sustentabilidade nunha posta en escena chea de enerxía, humor e emocións. Unha experiencia musical e visual para redescubrir a selva... ou quizais, a cidade.

SINOPSE:

Nun mundo urbano que se converte nunha nova selva, Mowgli é unha nena criada entre animais que teñen moito que dicir sobre o mundo actual. Punkies, rapeiros e heavys substitúen aos lobos, monos e voitres do conto orixinal, nunha viaxe chea de ritmo, humor e aprendizaxes. Acompañada por Baloo, Bagheera, Kaa ou Raksha, Mowgli deberá enfrontarse á ameaza de Shere Khan e descubrir quen é realmente, entre luces de cidade, música en directo e moita acción. O Libro da Selva: O Musical é unha adaptación contemporánea e familiar do clásico de Kipling, con música orixinal en galego, que nos convida a reflexionar sobre a amizade, a identidade, a convivencia e o respecto á natureza… mesmo cando a natureza é de asfalto. Dirección: Marcos Alonso Dramaturxia : versión libre do conto O libro da Selva de Rudyard Kipling realizada por Ártika Cía. Elenco: Rocío Salgado, Yoel Alonso, Fernanda Barrio, Marcos Alonso e Irene Lorenzo Coreografía: Rocío Salgado Deseño de iluminación: Anxo Fernández Composición musical e espazo sonoro: Anxo Fernandez Músico conceptual: Roi Fernández Letras: Anxo Fernández, Rocío Salgado e Roi Fernández Deseño e construción escenográfica: Gustavo Brito Deseño de vestiario: Gustavo Brito Confección: Chelo Davila Produción: Anxo Fernández Deseño gráfico e fotografía: The Office Comunicación Contido de comunicación: The Office Comunicación Videos promocionais: Jairo Iglesias

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Rudyard Kipling

Dirección

Marcos Alonso

Dramaturxía

ÁRTIKA CÍA

En escena

Fernanda Barrio, Yoel Alonso, Marcos Alonso, Rocío Salgado e Irene Lorenzo

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

6

Duración:

65

Xénero:

Comedia Musical

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

11

Venta xeral
(en taquilla)

13
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email