RECONVERSIÓN

IBUPROFENO TEATRO

Espectáculo de gran formato de ibuprofeno teatro, con oito actores-músicos e banda sonora en directo, que revisita con humor e memoria histórica a reconversión naval da ría de vigo a través da vida dun traballador de ASCON.

SINOPSE:

RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que interpretan en directo unha potente banda sonora. A obra é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión do sector naval na ría de Vigo, contado con moito humor, ritmo e unha forte dimensión musical e plástica. A peza parte da figura do pai do autor e director, Santiago Cortegoso, que traballou durante trinta anos no estaleiro Ascón. A través da mirada do fillo, o espectáculo reconstrúe a peripecia vital dese home e, con el, a de toda unha xeración de obreiros que viviron o auxe da industria siderúrxica, as mobilizacións históricas dos anos 70 e 80 e, finalmente, o peche da factoría en 1984 tras a chamada “Reconversión Industrial”, que deixou máis de 2.000 persoas sen emprego. O espectáculo é unha viaxe que vai da posguerra ao “Felipismo” dos 80, pasando polo tránsito dun estilo de vida rural a unha sociedade capitalista e urbanizada. Entre o íntimo e o político, RECONVERSIÓN combina teatro, música en directo e humor ácido para falar de loita sindical, dignidade obreira, perda e resistencia, convertendo o escenario nun espazo onde a memoria persoal se transforma en memoria colectiva

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Santiago Cortegoso

Dirección

Santiago Cortegoso

Dramaturxía

Santiago Cortegoso

En escena

Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González/ Graciela Carlos, Davide González, Fran Lareu e Nani Matos

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

Sala Ártika

Público a partir:

14

Duración:

100

Xénero:

Movemento sindical, historia laboral, estudos de memoria e reconversión industrial

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

14

Venta xeral
(en taquilla)

17
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email