SEÑORES

DE STE XEITO

Comedia satírica e feminista de De Ste Xeito na que unha nai e tres irmás trixemelgas se reencontran en Cabo Home para falar das súas vidas e, sobre todo, dos señores que opinan, critican, acosan ou se proclaman aliades nun mundo que está a mudar.

SINOPSE:

Cecilia, Celia e Lía non poden ser máis distintas. As súas vidas, traballos e relacións están moi afastados entre si. Aparentemente non teñen nada que ver, excepto que son irmás trixemelgas trivitelinas concibidas nunha noite de liberación sexual a finais dos anos setenta. Un día reciben a chamada de Pepa, a súa nai, para que acudan á casa familiar de Cabo Home onde vive retirada. Señores que din é a historia dun reencontro entre catro mulleres e fala das cousas que viviron, as que esperan vivir, os medos, rancores e alegrías. Fala tamén de homes: maridos, compañeiros, fillos, xefes e tipos aleatorios cos que se atopan a diario. Homes, señores que critican, que cuestionan, que se alían, que acosan. En definitiva: Señores que din. A nosa historia fala do que din eses señores pero, sobre todo, fala do que pensan elas dos señores que din. Señores que din é unha comedia machirula De Ste Xeito interpretada por mulleres.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Sergio Macías

Dirección

Sergio Macías

Dramaturxía

Sergio Macías

En escena

Ana San Fernando, Nadia Doménech, Stephy Llaryora e Pepa Barreiro

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

Sala Ártika

Público a partir:

16

Duración:

60

Xénero:

Comedia feminista, Novas masculinidades, revisión critica dos roles de xénero

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

12

Venta xeral
(en taquilla)

16
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email