ISTO NON É UN ACTO POLÍTICO (ESTREA)

ÁRTIKA CÍA.

Isto non é un acto político é unha falsa charla TED musicada na que tres conferenciantes defenden, con ironía e retranca, as supostas virtudes do fascismo fronte a unha democracia que consideran caduca. Un espectáculo crítico, provocador e cheo de humor negro sobre os discursos totalitarios que atravesan a sociedade actual.

SINOPSE:

Isto non é un acto político é a nova produción de Ártika Cía., unha proposta escénica provocadora, dinámica e chea de ironía que reflexiona sobre o avance dos discursos totalitarios na sociedade actual. O espectáculo preséntase como unha falsa charla TED musicada na que tres conferenciantes defenden, con retranca e humor negro, as supostas virtudes do fascismo fronte a unha democracia que consideran caduca. A través da palabra, da acción escénica e dos números musicais, a peza revela como determinados discursos se infiltran na vida cotiá mediante as redes sociais, a manipulación da linguaxe, o medo, a creación de inimigos e as falsas certezas. Inspirada no ensaio Instrucións para converterse en fascista, de Michela Murgia, a obra coloca o público diante dun espello incómodo e necesario: canto dese pensamento habita xa na nosa sociedade, no noso entorno e mesmo en nós? Un espectáculo crítico, divertido e profundamente actual para mirar de fronte o tempo que vivimos. Actividade expandida A programación de Isto non é un acto político complétase con dúas actividades de encontro e reflexión arredor dos temas que atravesan a peza. O venres 2 de outubro, ás 21:30 h, terá lugar a conferencia de Roberto Pascual Que me queres dicir cando me dis neutralidade ideolóxica?, unha actividade que abrirá o diálogo arredor dos discursos políticos, culturais e sociais que interpelan directamente a creación escénica contemporánea. O sábado 3 de outubro, ás 21:30 h, celebrarase un coloquio posfunción co equipo artístico, no que o público poderá compartir impresións, preguntas e reflexións despois da representación. Dúas propostas para ampliar a experiencia escénica máis alá da función e favorecer un espazo de pensamento crítico, conversa e participación arredor do espectáculo.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

MICHELLA MURGIA

Dirección

TITO ASOREY

Dramaturxía

TITO ASOREY E MANUEL CORTÉS

En escena

MARCOS ALONSO, ROCÍO SALGADO E FERNANDA BARRIO

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

15

Duración:

70

Xénero:

Teatro / comedia crítica / teatro musical

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

12

Venta xeral
(en taquilla)

16
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email