1972

BUTACAZERO

1972 é un proxecto de creación-mediación no que un grupo de adolescentes de Vigo revisita, desde as artes escénicas, a histórica folga xeral de setembro de 1972 a través da danza, a dramaturxia documental e a creación colectiva.

SINOPSE:

1972 é un proxecto de creación-mediación que reúne un grupo de adolescentes de Vigo e unha equipa de profesionais das artes escénicas para investigar e levar á escena un dos episodios máis significativos da loita obreira durante o franquismo: a folga xeral de setembro de 1972, que paralizou a cidade durante quince días. A partir dun proceso colectivo de aprendizaxe e creación, o grupo achégase a este acontecemento histórico desde o corpo, a voz e a escena, coa vontade de “bailar a loita” e revivir a enerxía dun feito fundamental da memoria viguesa do que apenas quedaron imaxes ou rexistros audiovisuais. O proxecto está pensado como unha experiencia educativa e artística para xente nova interesada tanto nas artes escénicas como na historia da súa cidade. A través da danza contemporánea, a sonoplastia, as texturas audiovisuais, a iluminación creativa, a dramaturxia documental e a creación colectiva, 1972 desemboca nun espectáculo final que poderá verse os días 12 e 13 de novembro na Sala Ártika, situada precisamente nunha das zonas da cidade que detivo a súa actividade durante aqueles días de loita.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Esther F. Carrodeguas

Dirección

Esther F. Carrodeguas

Dramaturxía

Esther F. Carrodeguas

En escena

Por determinar

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

12

Duración:

50

Xénero:

Teatro / memoria histórica

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

Venta xeral
(en taquilla)

3
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email