Grillos y luciérnagas, de La Machina Teatro, é unha proposta teatral para público familiar que nos introduce nun mundo fantástico, verde e misterioso, onde a noite esperta chea de sons, luces e sombras.
O espectáculo parte dunha pregunta sinxela e poética: que acontece cando esperta a noite? A partir dese momento, unha muller e un home constrúen un xogo escénico delicado arredor dos contrarios: o branco e o negro, a luz e a escuridade, o día e a noite, o medo e a curiosidade.
Grillos y luciérnagas fai referencia ás luces e aos sons da noite. É un debuxo teatral, un xogo poético dedicado aos máis pequenos, ao seu asombro e á maneira na que conteñen o alento cando atravesan a escuridade acompañados por alguén.
A través dunha linguaxe visual, suxestiva e próxima, a obra convida as crianzas a descubrir como se transforma o mundo cando cae a noite. As sombras, os pequenos sons e as luces convértense nun territorio de imaxinación no que o público pode recoñecer o misterio e a beleza do descoñecido.
Un espectáculo coidado, sensible e poético para gozar en familia e acompañar os máis pequenos nunha viaxe escénica arredor da noite, da fantasía e da capacidade de asombro
Luis Oyarbide, Patricia Cercas e Valeria Frabetti
Luis Oyarbide, Patricia Cercas e Valeria Frabetti
Luis Oyarbide, Patricia Cercas