BIPEDESTRUCCIÓN

DISIDEN.CIA

XII FESTIVAL PEQUEÁRTIKO

Espectáculo recomendado para público familiar a partir de 6 anos. Unha proposta de danza contemporánea con humor e conciencia LGTBIQA+ que xoga coa identidade, os corpos e a liberdade de moverse polo mundo doutro xeito.

SINOPSE:

Bipedestrucción, de Disiden.Cía, é unha proposta de danza contemporánea para público familiar que xoga co humor, o corpo e a identidade para preguntarse quen somos e quen queremos ser. Dous seres chegan desde outro universo e abúrrense de camiñar só sobre dous pés. Como criaturas curiosas, torpes, libres e desobedientes, comezan a buscar cal é a súa verdadeira maneira de moverse pola Terra. No seu percorrido aparecen a dúbida, o xogo, o apoio mutuo, a amizade e a necesidade de construír comunidade para seguir avanzando. A peza reivindica a diferenza, a liberdade de ser e a posibilidade de habitar o mundo fóra das normas establecidas. Cunha linguaxe física, visual e accesible, Bipedestrucción propón unha viaxe escénica chea de pequenos choques, beliscos de humor e preguntas necesarias. Un espectáculo familiar de danza contemporánea con conciencia LGTBIQA+, pensado para mirar o corpo, a identidade e as relacións desde a curiosidade, a tenrura e a liberdade.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Marcia Vázquez e Martín Los Arcos

Dirección

Disiden.Cía

Dramaturxía

Marcia Vázquez e Martín Los Arcos

En escena

Marcia Vázquez e Martín Los Arcos

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

6

Duración:

55

Xénero:

Danza contemporánea / espectáculo familiar

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

9

Venta xeral
(en taquilla)

11
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email