SANTIAGO MEIJIDE – CONCERTO DE NADAL

SANTIAGO MEIJIDE

XII FESTIVAL PEQUEÁRITKO

Concerto recomendado para público xeral. Un recital de piano con Santiago Meijide arredor de grandes obras do repertorio clásico e romántico, nunha proposta musical elegante e expresiva para celebrar o Nadal desde a sensibilidade, a emoción e a forza da música en directo.

SINOPSE:

A Sala Ártika celebra o Nadal cun concerto especial a cargo do pianista vigués Santiago Meijide, intérprete formado na Escola Superior de Música de Cataluña, na Academia Gnessin de Moscova e no Centro Superior Katarina Gurska de Madrid. O programa propón unha viaxe polas grandes transformacións da linguaxe pianística entre os séculos XVIII e XIX. A expresividade da Sonata en fa sostido menor de Carl Philipp Emanuel Bach abre un percorrido que continúa coa brillantez e elegancia da Sonata nº 25 op. 79 de Beethoven. A continuación, a Fantasía en fa menor op. 49 de Chopin desprega unha das páxinas máis ambiciosas do compositor, na que conviven lirismo, dramatismo e unha fonda imaxinación poética. O concerto culmina cos Estudos sinfónicos op. 13 de Robert Schumann, unha das grandes obras do repertorio romántico para piano, onde a esixencia técnica se pon ao servizo dunha profunda riqueza expresiva. Un recital pensado para gozar da música en directo nunha data especial, cun programa de grande beleza e intensidade interpretativa

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

C. Ph. Emanuel Bach, L. van Beethoven, F. Chopin e R. Schumann:

Dirección

SANTIAGO MEIJIDE

Dramaturxía

SANTIAGO MEIJIDE

En escena

SANTIAGO MEIJIDE

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

3

Duración:

58

Xénero:

Música / concerto de piano / música clásica

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

11

Venta xeral
(en taquilla)

10
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email