GIVING BACK THE BLESSINGS

Alina Belyagina

Giving Back the Blessings é unha peza de danza contemporánea de Alyna Belyagina que confronta o vogue e as danzas tradicionais eslavas para explorar o corpo como territorio de resistencia, identidade e comunidade. Unha proposta física e sonora entre o ritual, a cultura de club e a protesta

SINOPSE:

Entre a noite de club, o ritual folclórico e unha paisaxe de resonancias industriais, Giving Back the Blessings pon en diálogo dous universos aparentemente afastados: o vogue e as danzas tradicionais eslavas. A coreógrafa e bailarina de orixe ucraína Alyna Belyagina, xunto ao artista sonoro Dominik Lekavski, parte destas dúas tradicións, atravesadas pola identidade, a pertenza e a resistencia, para preguntarse que formas de movemento poden converterse hoxe en actos de protesta fronte ás narrativas políticas dominantes. Os xestos do vogue, os códigos das danzas eslavas e os movementos cotiáns mestúranse nunha coreografía sen un único centro, transitando entre a resistencia, o coidado e a esperanza. A peza desemboca finalmente nunha danza circular colectiva —khorowod ou kolo— que abre ao público a posibilidade de participar, entregarse ao movemento ou permanecer observando. Unha celebración do corpo e da danza como legado vivo: algo que se transmite, se transforma e continúa circulando entre nós.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Alyna Belyagina

Dirección

Alyna Belyagina

Dramaturxía

Alyna Belyagina

En escena

Alyna Belyagina

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

Ambigú e Sala Principal

Público a partir:

18

Duración:

60

Xénero:

Danza contemporánea · Vogue · Folclore · Performance

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

11

Venta xeral
(en taquilla)

14
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email