Novo taller de títeres na Sala Ártika coodinados por Julia Sigliano e Manu Mansilla
Este taller está dirixido a todas as persoas que estean interesados en descubrir e aprender os puntos básicos da animación e interpretación con monicreques. Monicreque significa “obxecto posto en situación dramática”. Calquera obxecto pode ser un monicreque, todo depende de como se accione sobre el.
O obxectivo deste taller é entrar no mundo do monicreque coñecendo a súa linguaxe e os principios básicos para a interpretación: mirada e respiración, disociación, relación monicreque- titiriteiro, creación do personaxe e a voz en función do monicreque.
Como punto de partida aprenderemos a “escoitar o material” e utilizaremos o xogo como instrumento para poñer en acción o corpo e a mente, conectarse cun mesmo para explorar e experimentar en zonas inimaxinables.
Tendo sempre en conta a importancia da vivencia persoal e grupal, corpo e mente en acción constante.
Os encontros terán unha primeira parte onde se traballase co corpo e a voz, despregando a imaxinación e abrindo o xogo. E unha segunda parte onde avanzaremos sobre a técnica de manipulación e profundaremos sobre esta linguaxe.
-
- O corpo e a voz
- Desestruturación
- Liberación expresiva da voz
- A voz a través do monicreque
- Adestramento do corpo de acordo á técnica
- Disociación
- O monicreque
- Mirada, respiración, impulso, animación, acción/reacción
- Investigación da linguaxe, metáforas, códigos de cada técnica
- Creación de Personaxes
- O titiriteiro e o monicreque
- Posibilidades da relación monicreque – titiriteiro
- Escucha do material- Encontro e contacto
- Montaxe de situacións escénicas, improvisación disociación
- Construción: Achegamento aos métodos de construción plástica dos monicreques con materiais simples como papel, e materiais varias
- Técnicas
- O propio corpo como monicreque
- Manipulación directa
- Monicreque de boca
- Obxectos
OS PARTICIPANTES DEBEN ASISTIR CON ROUPA COMODA DE TRABALLO FISICO.
- Público destinatario: xóvenes e adultos con e sen experiencia
- Datas
- 10 de Maio de 2019 de 16:00h a 20:00h
- 11 de Maio de 2019 de 10:00h a 14:00h
- 12 de Maio de 2019 de 10:00h a 14:00h