Residencias artísticas da sala de teatro Ártika

Un entorno pensado para as artes escénicas

As residencias artísticas que promovemos dende a Sala Ártika poden definirse como unha oportunidade para os diferentes creadores de traballar nun entorno profesional proporcionándolles o tempo, espazo e recursos necesarios cos que poder traballar, tanto colectiva como individualmente.

Na actualidade, esta actividade está centrada no traballo de ensaio e produción de un espectáculo, ou están dirixidas á exploración, investigación e desenrolo de proxectos escénicos.

Isto tradúcese en dúas liñas de acción ben diferencias no que as residencias se refire: residencias de ensaio e residencias de laboratorio.

Residencias de ensaio

A sala ofrece as compañías o seu espazo e recursos técnicos para o ensaio e a produción do seu novo proxecto escénico. O noso programa de residencias permite as compañías que o demanden facer unha implantación técnica do seu espectáculo o mesmo que poñemos o seu dispor a posibilidade de contratar un deseño de iluminación, un deseño de espazo sonoro, pequenas construcións escenográficas, gravación do espectáculo, deseño gráfico...

De esta maneira ofrecemos un traballo integral para que as necesidades da produción estean cubertas o comezar a súa fase de exhibición.

Residencias de laboratorio

A sala ofrece o seu espazo para motivar un punto de partida para a produción das diferentes ideas, a modo de laboratorio de creación, a cal pode acabar madurando e converterse nun espectáculos ou non dependendo dos propios integrantes.

Qué queremos conseguir coas nosas residencias artísticas?

Os obxectivos que perseguimos a través das residencias son:

  • Estimular a produción artística.
  • Contribuír a mobilidade de creadores locais e nacionais.
  • Xerar entornos de aprendizaxe para os axentes artísticos.
  • Ofrecer un traballo de produción integral que lles permita a maioría das compañías centrarse na parte artística.
  • Capacitar, profesionalizar e fortalecer estruturas teatrais.
  • Potenciar a experimentación nun entorno de traballo aberto e colaborativo.

Impulso sector técnico

Deste Xeito Producións - Feminísimas

Produtora galega de espectáculos baseada na unión dunha realización artística de calidade por si mesma e o seu necesario apoio promocional e publicitario. Desde a súa perspectiva artística perseguen interrogar sobre o individuo e profundar na natureza humana.

Sempre fronte a outros: as relacións e como estas nos cambian convértense no noso maior eixo de investigación. A nosa linguaxe escénica tórnase máis poética, ou más humorística… segundo a proposta, pero o que conserva sempre é o ollar crítico, e a perspectiva humanista, honesta e integradora.

Breve descrición da residencia artística:

De Ste Xeito é unha compañía que leva traballando con nos dende a súa primeira produción. Actualmente están traballando a súa última produción dende febreiro e dada a situación da pandemia e o estado de alarma decretado en marzo, víronse obrigados a parar. Xa pasados estes meses de incertidume, a compañía busca finalizar a súa produción e solicita traballar no noso espazo. Trátase dunha residencia de ensaio onde a sala aporta os recursos técnicos para este novo proxecto escénico. Van a estar residindo 10 días no noso espazo mais a contratación dun deseño de iluminación levado a cabo por o noso técnico, Javier Quintana.

  • Residencia Programada: Novembro
  • Duración: 10 días
  • Exhibición en Ártika: 15, 16 e 17 de xaneiro de 2021

Matarile Teatro - El diablo en la Playa

É unha das compañías de referencia no teatro contemporáneo español. Dende a súa creación en Compostela en 1986, polos seus directores artísticos Ana Vallés e Baltasar Patiño, foi desenvolvendo unha linguaxe artística e estilo propios.

En 2016 cumpre 30 anos de traxectoria, nos que puxo en escena máis de 30 espectáculos cos que alcanzou máis de vinte premios e mencións en distintos puntos de España e Europa.

Entre 1993 e 2005, crea e xestiona o Teatro Galán de Compostela, espazo destinado á programación e difusión do Teatro e Danza contemporáneos en Galicia, e impulsou durante doce anos o Festival Internacional de Danza En Pe de Pedra.

Desde setembro do 2010 a setembro de 2013 detén a súa actividade. En 2017 abre un espazo de exhibición impermanente en Compostela, sala Montiel, e estrea a súa última creación, Circo de Pulgas, mantendo en cartel as súas anteriores producións: Teatro Invisible, O Pescozo da Jirafa e Antes da Metralla.

Breve descrición da residencia artística:

A compañía Matarile Teatro convertese en compañía residente da Sala Ártika a partir de 2018 tras facer unha residencia para seu espectáculo Daimon y la jodida lógica. Hoxe atópanse traballando na produción do seu novo espectáculo Un dúo de danza contemporáneo titulado El diablo en la playa. Se ben a estrea vai ser na cidade Ourense, no mes de outubro, a compañía ve preciso seguir evolucionando a peza co fin de seguir mellorando seu espectáculo. Dada a necesidade que ten a compañía, A sala ofrece a Matarile unha residencia artística de ensaios para que poidan acadar os seus obxectivos. Ártika está disposta a poñer todos os recursos necesarios durante os 10 días que dura a residencia para que os días 11, 12 e 13 de decembro mostren os resultados acadados no noso espazo.

  • Residencia Programada: Decembro
  • Duración: 10 días
  • Exhibición en Ártika: 11, 12 e 13 de decembro de 2020

Teatro Avento Producións - Laranxus 7

Teatro Avento Producións é unha compañía que se fai profesional no ano 2013. Nace en Vigo no seo de Teatro Avento, compañía de Teatro Amador que conta cunha traxectoria de máis de 30 anos e que obtivo numerosos premios a nivel nacional. O principal obxectivo da compañía e facer do teatro unha actividade de uso habitual e necesario na vida das persoas,

A compañía entende que o teatro ten que ser unha ferramenta de gran utilidade na aprendizaxe e desenvolvemento dos nenos e adultos. Un ente motivador e transmisor do coñecemento pero sen esquecer o compoñente de divertimento e ocio que debe ter o teatro para toda clase de público.

Para iso, os espectáculos de Avento Producións teñen distintos compoñentes, na actualidade Avento e unha das únicas compañías de Galicia que aposta polo teatro musical en galego, de mediano-gran formato para nenos e público familiar.

Breve descrición da residencia artística:

Teatro Avento leva residindo e producindo os seus espectáculos na sala dende que abrimos as nosas portas en 2014. Neste caso trátase dunha residencia de ensaios onde se farán uns cambios na posta en escena co fin de empezar a xirar con este espectáculo. Nestes dez días de residencia, a compañía, fará melloras en aspectos técnicos e reconstruirá elementos escenográficos. Avento terá 10 días para a posta a punto do espectáculo que mostrarán a público o 10 de abril.

  • Residencia Programada: Abril
  • Duración: 10 días
  • Exhibición en Ártika: 10 e 11 de abril de 2021

Inventi Teatro - A Tropa do Doutor Milagre

Inventi Teatro nace en xuño do 2017 en Vigo e está integrada por Marcos Alonso, Bea Campos e Paulo Medal. A compañía ten como obxectivo a creación de espectáculos de rúa divertidos, visuais e para toda a familia. O seu primeiro espectáculo “ A tropa do Doutor Milagre ” leva máis de 50 actuacións por toda Galicia e estivo presente en certames como o Festival Internacional de Artistas de Rúa de Redondela, a MIT de Ribadavia, ou itineranta en Pontevedra.

Dende Inventi Teatro propoñemos espectáculos versátiles que adecúan a diversas celebracións; dende unha festa de verán ata un certame teatral. Actualmente estamos creando un nova peza que será a segunda creación da compañía e se estreará no 2020

Breve descrición da residencia artística:

Inventi Teatro chega a sala Ártika a traballar na súa obra A tropa do Doutor Milagre. Este nace como espectáculo de rúa, e trala gran acollida que tivo por parte do público e programadores, a compañía busca facer unha adaptación a sala para poder actuar fora do período estival. Nesta residencia faranse ensaios, deseños e construcións escenográficas e implantación técnica da nova adapción.

  • Residencia Programada: Xullo
  • Duración: 10 días
  • Exhibición en Ártika: 24 e 25 de xullo de 2021

Compañías residentes

Teatro Avento producións

Teatro Avento Producións é unha compañía que se fai profesional no ano 2013. Nace en Vigo no seo de Teatro Avento, compañía de Teatro Amador que conta cunha traxectoria de máis de 30 anos e que obtivo numerosos premios a nivel nacional. O principal obxectivo da compañía e facer do teatro unha actividade de uso habitual e necesario na vida das persoas,

A compañía entende que o teatro ten que ser unha ferramenta de gran utilidade na aprendizaxe e desenvolvemento dos nenos e adultos. Un ente motivador e transmisor do coñecemento pero sen esquecer o compoñente de divertimento e ocio que debe ter o teatro para toda clase de público.

Para iso, os espectáculos de Avento Producións teñen distintos compoñentes, na actualidade Avento e unha das únicas compañías de Galicia que aposta polo teatro musical en galego, de mediano-gran formato para nenos e público familiar.

Matarile Teatro

É unha das compañías de referencia no teatro contemporáneo español. Dende a súa creación en Compostela en 1986, polos seus directores artísticos Ana Vallés e Baltasar Patiño, foi desenvolvendo unha linguaxe artística e estilo propios.

En 2016 cumpre 30 anos de traxectoria, nos que puxo en escena máis de 30 espectáculos cos que alcanzou máis de vinte premios e mencións en distintos puntos de España e Europa.

Entre 1993 e 2005, crea e xestiona o Teatro Galán de Compostela, espazo destinado á programación e difusión do Teatro e Danza contemporáneos en Galicia, e impulsou durante doce anos o Festival Internacional de Danza En Pe de Pedra.

Desde setembro do 2010 a setembro de 2013 detén a súa actividade. En 2017 abre un espazo de exhibición impermanente en Compostela, sala Montiel, e estrea a súa última creación, Circo de Pulgas, mantendo en cartel as súas anteriores producións: Teatro Invisible, O Pescozo da Jirafa e Antes da Metralla.

Fulano Mengano e Citano

O grupo vigués de teatro humorístico “Fulano, Mengano e Citano” está encarnado polos actores Suso Pando, Marcos Alonso e Manuel Pombal. Nas súas representacións, o espectador pasa unha velada en grao sumo agradable, con risas sostidas e contaxiosas.

Ademais mestúrase a reflexión e a crítica construtiva sobre as realidades actuais, cun sinxelo pero calculado traballo de escenificación, no que a sátira se une ao humor intelixente. Estes principios guiaron a este grupo teatral desde 1995, unha traxectoria ao longo e ancho do territorio galego.

Iventi Teatro

Inventi Teatro nace en xuño do 2017 en Vigo e está integrada por Marcos Alonso, Bea Campos e Paulo Medal. A compañía ten como obxectivo a creación de espectáculos de rúa divertidos, visuais e para toda a familia. O seu primeiro espectáculo “ A tropa do Doutor Milagre ” leva máis de 50 actuacións por toda Galicia e estivo presente en certames como o Festival Internacional de Artistas de Rúa de Redondela, a MIT de Ribadavia, ou itineranta en Pontevedra.

Dende Inventi Teatro propoñemos espectáculos versátiles que adecúan a diversas celebracións; dende unha festa de verán ata un certame teatral. Actualmente estamos creando un nova peza que será a segunda creación da compañía e se estreará no 2020.

Residencias acollidas

Actualmente non hai noticias nesta sección

Visita Virtual Interactiva

Ofrecemos unha panorámica real do noso negocio.

Ver imagen 360º

Redescubre o teatro na Sala Ártika

Visita as nosas instalacións en Vigo e atopa unha nova forma de desfrutar das artes. Faite xa coas túas entradas!

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo