Un cartel colgado na porta dun hotel: “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regresar, todo está limpo, impecable, como por arte de maxia. Pero… quen limpa? As que limpan é unha sátira utópica que pon no centro da escena ás camareiras de piso, mulleres invisibilizadas que sustentan, co seu esforzo físico e emocional, un sistema turístico profundamente precarizador.
Inspirada na loita real e organizada destas traballadoras, a obra denuncia a explotación laboral, a falta de recoñecemento social e as múltiples violencias que sofren por razón de xénero e clase. Con humor corrosivo, música e moita retranca, A Panadaría constrúe un espectáculo que emociona, fai rir e convida á acción.
Un berro escénico pola dignidade e a xustiza, desde os cuartos que outros deixan sucios e que elas, cada día, volven poñer en pé.