BERENGUELA NA GAIOLA

GALEATRO & XAROPE TULU

Espectáculo recomendado para público familiar a partir de 6 anos. Unha proposta tenra, poética e chea de humor sobre a memoria, a vellez, a amizade e o dereito a decidir quen somos e onde queremos estar.

SINOPSE:

Berenguela na gaiola, de Galeatro e Xarope Tulú, é unha proposta familiar en galego, divertida e emotiva, con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira. Nunha residencia da terceira idade traen de volta a Berenguela, unha anciá que aproveita a mínima oportunidade para fuxir. Ela só quere regresar á súa casa da aldea, ao lugar onde sempre viviu e onde sente que aínda pode ser libre. Berenguela protesta, rosma e funga, mais a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora tamén vive na residencia, aínda que non lembra ben quen é, así que pode ser quen ela queira. Xunto a elas está Tomás, que pasa os días mirando pola xanela, triste e gris. A través da representación de Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María, estas tres persoas maiores atoparán a liberdade que pensaban perdida e a posibilidade de cambiar o mundo. Un espectáculo tenro, poético e cheo de humor, que fala da memoria, da vellez, da amizade, da identidade e do dereito a decidir quen somos e onde queremos estar.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Manuel María

Dirección

Paula Carballeira

Dramaturxía

Paula Carballeira

En escena

Alba Bermúdez, Atenea García e Tone Martínez

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

6

Duración:

50

Xénero:

Teatro familiar

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

12

Venta xeral
(en taquilla)

16
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email