BIPEDESTRUCCION

DISIDEN.CIA

XI FESTIVAL PEQUEÁRTIKO

Bipedestrución é un espectáculo familiar de danza contemporánea con conciencia LGTBIQA+, creado por Disiden.Cía. A través do movemento, o humor e a metáfora, dous seres cuestionan os límites do corpo, o xénero e a identidade nunha proposta visual e escénica tan divertida como transformadora. Unha experiencia para todos os públicos que convida a bailar as dúbidas e construír liberdade desde os coidados

SINOPSE:

Dous seres que chegan dun universo descoñecido abúrrense de camiñar sobre dous pés. Deciden investigar como se move un corpo na Terra, entre a dúbida e a posibilidade. Bipedestrución é unha danza alieníxena, monstruosa e absurdamente reivindicativa que se pregunta: quen somos? que queremos ser? A única forma de seguir camiñando neste planeta será apoiándonos nas amizades, nos coidados e na comunidade. O espectáculo convida a todas as idades a reflexionar, rir e permitirse existir máis alá das normas. Un continuo xogo escénico cheo de imaxes poéticas e enerxía vital que visibiliza a diversidade e celebra a identidade como algo fluído e compartido.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Disiden.Cía

Dirección

Disiden.Cía

Dramaturxía

Disiden.Cía

En escena

Martín Los Arcos e Marcia Vázquez

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

60

Duración:

60

Xénero:

Danza contemporánea familiar

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

9

Venta xeral
(en taquilla)

11
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email