Entradas para “CANDYLAND, TIERRA DE LOBOS – TEATRO DE LA MEMORIA” (Colombia) na Sala Ártika en Vigo.
Data: Venres 14, Sábado 15 e Domingo 16 de Xuño de 2019
Xénero: Teatro de investigación
Hora:
- Venres, 14 de Xuño ás 22:00h
- Sábado 15 de Xuño ás 22:00h
- Domingo 16 de Xuño ás 21:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Entrada Xeral: 10€ + gastos de xestión
- Anticipada: 8€ + gastos de xestión. (dispoñible ata 24 h antes do evento)
Idades recomendada: + 13 anos
Duración: 70 minutos
Entradas para “CANDYLAND, TIERRA DE LOBOS - TEATRO DE LA MEMORIA” o Venres 14, Sábado 15 e Domingo 16 de Xuño na sala Ártika.
SINOPSE:
Unha espera. A soidade é enchida por un xogo que se repite unha e outra vez, xestos que manteñen o mundo interno do personaxe protexido e en perfecta orde. Non sabemos cando comezou esta historia, pero si sabemos cando termina. Un lobo oubea, e o mundo desmorónase. Chega un tempo sen tempo e un espazo árido onde unha vella transitará evocando os seus recordos, de nena, de muller, de vella-nena-muller.
Un espectáculo de teatro baseado nunha composición de dramaturxia escénica onde a liña dramática combina textos, accións e imaxes, que van contando retrincos da historia dunha muller (ou moitas?) que lembra, unha e outra vez, ese momento en que “perdeu a inocencia”. A dramaturxia non se pecha nunha soa historia, senón que atravesa nós dramáticos do personaxe na súa relación coa ausencia, a guerra e o desmaio dun mundo de seguridade, a perda dun ser amado e a súplica por un Pai que non chega. Acompañado de “vídeo mapping” en constante interacción coa actriz, o espectáculo colócanos nun espazo ás veces íntimo, ás veces desolador, onde ela, cun uso delicado da música e as palabras, vai atravesando o rito cotián dun personaxe que tenta poñer orde nun mundo de ausencias. Un traballo interdisciplinario onde cada arte (texto, música, luz e audiovisual) entretexen un todo que narra esta historia.
As entradas para “CANDYLAND, TIERRA DE LOBOS – TEATRO DE LA MEMORIA” en Vigo teñen un prezo de 10€ ou 8€ + gastos de xestión.
MERCA A TUA ENTRADA