CARNAVAL ANIMAL

LUZ, MICRO Y PUNTO

XII FESTIVAL PEQUEÁRTIKO

Espectáculo recomendado para público familiar a partir de 3 anos. Unha proposta sen texto, visual e musical, inspirada en O carnaval dos animais, onde o teatro de sombras converte o bosque nunha festa chea de disfraces, amizade e emoción.

SINOPSE:

El carnaval animal, de Luz, micro y punto, é un espectáculo familiar de teatro de sombras sen texto, inspirado na peza musical O carnaval dos animais, de Camille Saint-Saëns. Amence no bosque e é un día moi especial para todos os animais: chegou o Entroido. O cuco disfrázase de araña, o cisne de coello moi presumido, á tartaruga sáenlle ás da cuncha, o burro transfórmase en unicornio e o dinosauro vístese de tucán. Todos se reúnen para celebrar e bailar, ata que León irrompe na festa cos seus grandes ruxidos. Os animais foxen despavoridos porque lle teñen medo, mais non saben que o maior desexo de León é xogar e facer amigos. No seu camiño solitario polo bosque, atopará outros animais en apuros e non dubidará en axudalos. Pouco a pouco, descubrirán que tras eses ruxidos agochase un corazón enorme. Unha historia visual, musical e tenra sobre as aparencias, a amizade, a empatía e a importancia de mirar máis alá do medo. Un espectáculo delicado e accesible para gozar en familia desde a forza poética do teatro de sombras

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Patricia Toral, Chantal Franco e Blanca del Barrio

Dirección

Blanca del Barrio

Dramaturxía

Patricia Toral, Chantal Franco e Blanca del Barrio

En escena

Patricia Toral e Chantal Franco

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

3

Duración:

50

Xénero:

Teatro familiar / teatro de sombras / espectáculo sen texto

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

9

Venta xeral
(en taquilla)

11
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email