CLUBE DE LECTURA TEATRAL – LABORATORIO DE ESCRITA “REVOLUÇÕES”
Clube de Lectura Teatral
Coa intención de construír espazos desde os que achegarnos un pouco máis á dramaturxia contemporánea, a Sala Artika incorpórase ao proxecto Laboratorio de escrita sobre teatro “Revoluções” coordenado polo dramaturgo Ricardo Correia, a dramaturga Vanesa Sotelo e a antropóloga Sónia Ferreira. O clube de lectura teatral é un espazo de lectura e práctica escénica onde as persoas participantes poden descubrir novas pezas de recente creación, dialogar coas súas creadoras e participar nun obradoiro de creación para a súa presentación pública.
Destinado a: profesionais e non profesionais.
Que é o Laboratorio de escrita Revoluções?
A segunda edición do Laboratorio de Escrita para Teatro - Dramaturgias Políticas Contemporáneas reuniu em 2023 unha selección de seis dramaturgas/os co obxectivo de escribir pezas breves a partir do tema “Revoluções” anticipando as celebracións dos 50 anos do 25 de abril. As participantes: Bárbara Soares (Portugal), Iria Pinheiro (Galicia), Inês Mendes (Portugal), Filipe Santos (Portugal), Martin Santos (Portugal), Célia Meguelatti (Francia) convocaron diferentes revolucións para tratar o tema. Para dar a coñecer o resultado do traballo, a Sala Ártika acollerá a presentación do libro no que se recollen as seis pezas e a lectura dramatizada de dúas delas: Vitória, de Iria Pinheiro e A Grande Cerimónia, de Bárbara Soares.
Obxectivos do clube de lectura teatral
- Divulgar a dramaturxia contemporánea de recente creación.
- Fortalecer as redes de contacto e intercambio entre Galicia e Portugal.
- Crear un espazo para o diálogo e o debate sobre cuestión de actualidade.
- Ofrecer a posibilidade de participar nun proceso de creación.
- Familiarizar o público xeral co proceso da creación escénica.
- Ofrecer ferramentas interpretativas.
Estrutura do clube de lectura:
- Xoves 8 de febreiro (18.00 a 20.00): Presentación e contacto de grupo.
- Venres 9 de febreiro (18.00 a 20.00): Ensaio da lectura.
- Xoves 15 de febreiro (18.00 a 20.00): Ensaio da lectura (necesidades técnicas).
- Venres 23 de febreiro (19.00 a 21.30): Ensaio e presentación pública.
Estrutura do acto da presentación pública:
- Presentación do libro coa intervención de Ricardo Correia.
- Presentación da lectura e das autoras (Iria Pinheiro e Bárbara Soares) por parte de Vanesa Sotelo.
- Lectura.
- Coloquio e convivencia.
Destinado a: persoas interesadas na creación escénica.
Coordina: Vanesa Sotelo.
Prezo: de balde
Inscricións abertas até o 5 de febreiro.