CONTENCIÓN MECÁNICA

TEATRO DE LOS INVISIBLES

Cirucuito de la Red de Teatros Alternativos

Contención mecánica é unha obra de teatro documental de Teatro de los Invisibles que denuncia a práctica da suxeición con correas en plantas psiquiátricas. A través de testemuños reais e linguaxes performativas, a peza dálle voz ás persoas psiquiatrizadas e visibiliza as vulneracións de dereitos que sofren dentro do sistema sanitario. Un espectáculo conmovedor, necesario e politicamente contundente

SINOPSE:

Contención mecánica é unha montaxe de teatro documental que visibiliza e denuncia unha práctica tan estendida como silenciada nas unidades psiquiátricas españolas: atar ás persoas á cama con correas. A obra mestura o testemuñal co performativo, dando voz directa ás vítimas deste tipo de violencia institucional. Un dos protagonistas é Rafael Carvajal, poeta e performer que viviu en primeira persoa máis dunha ducia de contencións mecánicas. A través da súa experiencia e a do colectivo, a obra lanza preguntas incómodas: por que se perpetúa esta práctica? Escóitase realmente aos pacientes ou simplemente anúlanse tras o diagnóstico?

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Zaida Alonso

Dirección

Zaida Alonso

Dramaturxía

Zaida Alonso

En escena

Jesús Irimia/ Pablo Alamá, Júlia Solé, Javier Pardo, Zaida Alonso e Rafael Carvajal

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

18

Duración:

90

Xénero:

Teatro documental, político e social.

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

11

Venta xeral
(en taquilla)

15
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email