Entradas para “DIARIO DE UNA CRUCIFIXION – CELCIT ESPAÑA/ L’EXPLOSE DANZA” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Venres 01, Sábado 02 e Domingo 03 de Novembro de 2019
Hora:
- Venres 01 de Novembro ás 21:30h
- Sábado 02 de Novembro ás 21:30h
- Domingo 03 de Novembro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
Venta online: Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión
En taquilla: Entrada Xeral: 12€ + gastos de xestión
Idades recomendada: + 18 anos
Duración: 60 min
Entradas para “DIARIO DE UNA CRUCIFIXION – CELCIT ESPAÑA/ L’EXPLOSE DANZA” o Venres 01, Sábado 02 ou Domingo 03 de Novembro na Sala Ártika.
SINOPSE:
A compañía de danza L’ EXPLOSE estrea a súa máis recente creación: Diario dunha crucifixión, no XIII Festival Iberoamericano de Teatro. Coa obra pictórica de Francis Bacon como referencia –e especificamente o seu estudo do Retrato de Inocencio X de Velázquez-, este só de danza-teatro expón a vulnerabilidade do corpo exhibido, xulgado e desnaturalizado, nunha urna de cristal; espazo cercado, onde a privacidade non existe e a transparencia revela con nitidez a fraxilidade humana.
O home, só ante a súa existencia; xuíz e acusado, vítima e verdugo da súa propia natureza; ser consciente e animal a un mesmo tempo, abandonado ás súas paixóns, orfo sen guía, nun combate inútil consigo mesmo, lanza o seu corpo á batalla. E como nun reality televisivo, o espectador vólvese xuíz e parte desta experiencia, árbitro e testemuña dunha contenda na que as tensións entre o místico e o humano, atópanse e conmoven a quen observa.
As entradas para “DIARIO DE UNA CRUCIFIXION – CELCIT ESPAÑA/ L’EXPLOSE DANZA” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 12€ ou 8€ + gastos de xestión.