Entradas para o espectáculo “EL DIABLO EN LA PLAYA - MATARILE TEATRO” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Venres 11, Sábado 12 e domingo 13 de decembro de 2020
Hora:
- Venres 11 de decembro ás 20:30h
- Sábado 12 de decembro ás 20:30h
- Domingo 13 de decembro ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 14€
Idades recomendada: + 18 anos
Duración: 70 min
Entradas para o espectáculo “EL DIABLO EN LA PLAYA - MATARILE TEATRO” o Venres 11, Sábado 12 ou Domingo 13 de decembro na Sala Ártika.
SINOPSE:
No principio foi o caos. Despois, con Celeste e Claudia, C e C, chegaron as tentacións. O (re)coñecemento de Celeste e a fantasía de Claudia. Di Roy Andersson que o plano xeral, o espazo que rodea a unha persoa, di máis dela que o seu propio rostro.
Como consideraremos aquí o corpo, como primeiro plano que acompaña ao rostro e conforma o prexuízo dun estereotipo? Ou como parte do plano xeral que define unha forma de estar e habitar? O diaño paseándose en bicicleta polas rúas baleiras, como anxo custodio sen corpo que acompañar.
O errante que se equivoca e o errante que vaga sen sentido. Reunir a Claudia e a Celeste é como convocar ao anxo e ao demo, sen tentar definir quen é que, quen é quen, ou en que momento son intercambiables.
As entradas para o espectáculo “EL DIABLO EN LA PLAYA - MATARILE TEATRO” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14€ ou 10€ + gastos de xestión.