Desenvolvemos o movemento desde a articulación, a fluidez, a flexibilidade, a potencia e a expresividade, facendo foco na pelvis, o embigo, a columna, a cabeza e a mirada, utilizando partes como guías e contrapuntos (forzas complementarias e opostas), e impulsos, con exercicios de diferentes danzas contemporáneas, teatro físico e técnicas do movemento.
Traballamos o movemento nos seus diferentes planos espaciais, así como tamén o percorrido transitivo que realiza o corpo, articulado e curvo; sendo conscientes da enerxía utilizada tanto como impulso, forza e suavidade, e as diferentes velocidades que pode obter. Procuramos atopar precisións e confusións, tanto para perfeccionar certos movementos como para atopar novos e espontáneos. Isto ofrécenos diferentes ferramentas que nos permite que cada cal atope o sentimento, sentido, forma e dirección para desenvolver o seu propio movemento, impregnándoo de contido.
- Público destinatario: tanto para adultos como para adolescentes.
- Datas:
- 06 e 07 de Abril de 2019 de 11:00h a 14:00h