ÉPICA VULGARIS

IMPROVERSADOS

Épica Vulgaris é un espectáculo de improvisación teatral e musical da compañía ImproVersados, onde a épica máis delirante e a música en directo se combinan co humor absurdo e a participación do público. Personaxes imposibles, rimas improvisadas, escenas heroicas ou ridículas e aventuras inesperadas dan forma a unha experiencia única e irrepetible en cada función. Un show cheo de fantasía, ritmo e tolemia escénica que promete moita risa e nada de sentido.

SINOPSE:

Un grupo de heroes improbables lánzase á aventura máis épica e absurda que nunca soñaches… e que xamais se repetirá igual. Épica Vulgaris é un espectáculo de teatro e música totalmente improvisado, onde as historias nacen ao momento a partir das propostas do público: dende odiseas interplanetarias ata crimes misteriosos ou cancións de amor medieval. Cada función é unha combinación explosiva de humor, música en directo, rimas imposibles e personaxes delirantes que poden parecer saídos de Florinld, do máis fondo dunha tenda ou da mente de Shakespeare pasado por reguetón. As únicas constantes son a creatividade, a tolemia e a complicidade co público, que se converte no auténtico oráculo do destino desta épica tan vulgar como xenial.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

IMPROVERSADOS

Dirección

IMPROVERSADOS

Dramaturxía

IMPROVERSADOS

En escena

Pedro Placer, Diego Salgado, Antía Vidal e Victor Castro

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

18

Duración:

60

Xénero:

Improvisación, comedia, música

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

11

Venta xeral
(en taquilla)

15
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email