A través dunha conferencia escénica debuxada, VACAburra revisita a historia da familia Nijinska: Valslav Nijinsky, bailarín e coreógrafo revolucionario diagnosticado con esquizofrenia, e a súa irmá Bronislava Nijinska, coreógrafa pioneira ignorada polo canon da historia da danza.
A obra transita entre a palabra, o corpo e o trazo, propoñendo unha ollada crítica sobre os relatos hexemónicos da historia da arte, o estigma da saúde mental e o esquecemento das mulleres creadoras.
Familia Nijinska non é só unha narración biográfica, senón unha interrogación viva sobre como se constrúe a memoria e quen decide que corpos e voces son dignas de ser recordadas. Un espectáculo poético, rebelde e profundamente humano.