IMPARTIDO: Gustavo Brito
OBXECTIVO: Proporcionar aos asistentes, os coñecementos necesarios sobre os produtos e ferramentas utilizadas neste oficio, o seu correcto emprego e as diferentes técnicas aplicadas á maquillaxe e caracterización teatral. Procurando desenvolver no alumno o proceso de aprendizaxe técnica-creativa, así como tamén, o concepto do traballo en equipo, e a interrelación do caracterizador/a con o resto das áreas que compoñen as artes escénicas, sustentado por unha constante práctica, guiada polo formador.
CONTIDO DO CURSO:
- Coñecemento acerca da estrutura muscular do rostro.
- Elección e uso correcto dos produtos e ferramentas.
- Maquillaxes compactos e graxos. Combinacións de bases e tons.
- Maquillaxe escénica básica – Volumes e depresións – Zonas de luz e sombra.
- Corrección e modificación de cellas.
- Deformacións visuais. (Ollos, boca, nariz).
- Envellecementos.
- Distintos estereotipos raciais – Exipcios - Chineses - Geisha – Mongol – Etc.
- Creación de personaxes fantásticos. Bruxas – Fadas - Trasgos - etc.
- Aplicación e fabricación de pestanas postizas.
- Maquillaxes - Máscara. (Deseño e execución de motivos xeométricos e lineais).
- Introdución á maquillaxe de FX utilización de carne artificial e mastic.
- Traballos libres en base a deseños creados polos alumnos, aplicando as técnicas aprendidas.
MATERIAIS INCLUIDOS:
- Bases acuacolor en tons pel de 30 ml.
- Bases acuacolor branco e negro de 30 ml.
- Bases supra cor branca e negro de15 ml.
- Bases acuacolor colorees varios de 15 ml.
- Lapis delineadores marrón, negro e vermello.
- Pinceis aptos para o rostro.
- Toallitas desmaquillantes.
- Esponxas de goma escuma e de escuma de látex.
- Po translucido.
- Carne artificial.
- Mastic.
DURACION: 20hs. Distribuidas en tres clases:
- Venres 14 de Decembro de 16:00h a 20:00h
- Sábado 15 de Decembro de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h
- Domingo 16 de Decembro de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a 19:00h.