MOFA E BEFA: A ARTE DA GUERRA

PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCENTRICAS

Espectáculo recomendado para público adulto a partir de 12 anos. Unha comedia satírica, retranqueira e feroz na que Mofa e Befa revisan A arte da guerra de Sun Zi para falar do belicismo, do poder, da astucia e dos conflitos humanos do noso tempo.

SINOPSE:

Mofa e Befa: a arte da guerra, de Producións Teatrais Excéntricas, é unha comedia en galego que parte do mítico tratado militar de Sun Zi para construír unha sátira feroz, lúcida e retranqueira sobre o mundo contemporáneo. “A arte da guerra fúndase no engano”, di o mestre Sun. A partir desa idea, Mofa e Befa mergúllanse nun tempo atravesado polo belicismo, a astucia, o poder e os conflitos humanos máis absurdos. Polo escenario desfila unha galería disparatada de reis, xenerais, concubinas, guerrilleiros, espías, magnates, adestradores de fútbol, actores de acción, xestores de empresas, avogadas matrimoniais e outras criaturas atrapadas en pequenas e grandes guerras cotiás. Nunha noite de tormenta, fuxindo da fame e da miseria, o dúo atópase cun mestre de bushido en paro, Mixamoto Mashashi, que os instruirá nos principios da guerra e da autodefensa. Ese encontro convértese no detonante dun xogo de espellos tortos, entre o soño e a realidade, onde a vella sabedoría militar chinesa serve para mirar con humor e mala baba a condición humana. Un espectáculo rápido como o vento, silencioso como unha fraga, feroz coma o fogo e inmóbil como unha montaña.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Carlos Santiago e Quico Cadaval

Dirección

Carlos Santiago

Dramaturxía

Carlos Santiago e Quico Cadaval

En escena

Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

Público a partir:

12

Duración:

80

Xénero:

Teatro / comedia / sátira

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

12

Venta xeral
(en taquilla)

16
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email