Categorías

NON PASARÁN

NON PASARÁN

V Ciclo de Comediártiko

Inicio del evento
  • Inicio: 23/11/2024
Fin del evento
  • Fin: 24/11/2024
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

Entradas para o espectáculo “NON PASARÁN – ÁRTIKA CIA (ESTREA)” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Sábado 23 e domingo 24 de novembro de 2024

Hora

  • Sábado 23 de novembro ás 20:00h
  • Domingo 24 de novembro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo

  • Venta online: Entrada Anticipada: 13 € + gastos de xestión
  • En taquilla: Entrada Xeral: 16 €

Idades recomendada: + 16 anos

Duración: 70 min aprox

Xénero: comedia 

Idioma: galego

Formato: grande

Entradas para o espectáculo “NON PASARÁN – ÁRTIKA CIA (ESTREA)” o sábado 24 e domingo 25 de novembro na Sala Ártika.

SINOPSE:

Nós, fillos e fillas das democracias forxadas despois da derrota dos fascismos no século XX, procedentes de clases traballadoras que vimos como os nosos pais e nais deixaban a pel por darnos unha educación que nos permitise unha posibilidade de ascenso social, sobrevivintes ás sucesivas crises que nos levaron a poñer en dúbida todo aquel soño dunha sociedade máis igualitaria, podemos observar como nos últimos anos o ascenso de discursos populistas de extrema dereita non deixan de aparecer ao longo do mundo, acadando cotas de poder inimaxinables hai só uns anos. Trump, Bolsonaro, Milei, Meloni…figuras case que semellan saídas dunha sorte de farsa entolecida pero que foron quen de convencer a unha enorme masa de votantes para que os levasen ao poder. 

O proxecto teatral "Non Pasarán" xorde como unha resposta creativa e comprometida ante os desafíos políticos e sociais do noso tempo. Nun contexto marcado polo rexurdimento de ideoloxías autoritarias e o crecemento de movementos antidemocráticos, esta obra eríxese como un faro de resistencia e conciencia, destinado a iluminar as sombras do pasado e do presente. 

 

Cunha visión ambiciosa e un enfoque multidimensional, o proxecto establece unha serie de obxectivos claramente definidos que abarcan desde a sensibilización e a reflexión ata a acción e o compromiso. A través dunha combinación única de narrativa teatral, elementos de comedia cruel e drama absurdo, "Non Pasarán" busca non só entreter ao público, senón tamén desafiar as súas percepcións, estimular a súa imaxinación e mover os seus corazóns.

FICHA ARTÍSTICA

Dirección: Tito Asorey

Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey

Elenco: Fernanda Barrio, Marcos Alonso, Martín Maez e Rocío Salgado.

Deseño de iluminación: Laura Iturralde

Escenografía: Carlos Alonso

Produción: Anxo Fernández

As entradas para o espectáculo “NON PASARÁN – ÁRTIKA CIA (ESTREA)” teñen un prezo de 16 € ou 13 € + gastos de xestión

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo