Categorías

NOS

NOS

Febreiro 2024

Inicio del evento
  • Inicio: 03/02/2024
Fin del evento
  • Fin: 03/02/2024
Lugar del evento
  • Lugar: Sala Ártika
  • Direccion: Avda. de Beiramar, 113 - 36208 - Vigo (Pontevedra)
  • Localización: Ver mapa

FESTIVAL RUTAS IBEROAMERICANAS  

Entradas para o espectáculo “NOS – COMPAÑIA ZERO10 ” na Sala Ártika de Vigo. 

Data: Sábado 3 de febreiro de 2024 

Hora: Sábado 3 de febreiro ás 20:00h 

Recinto: Sala Ártika 

Prezo:

  • Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
  • En taquilla: Entrada Xeral: 14 €

Idades recomendada: + 12 anos 

Duración: 65 min 

Xénero: Comedia 

Idioma: Español, catalán e italiano 

Entradas para o espectáculo “NOS – COMPAÑIA ZERO10” o Sábado 3 de febreiro de 2024 na Sala Ártika. 

SINOPSE
NOS é unha comedia que quere reflexionar sobre a esencia do pensamento totalitario dende unha perspectiva ampla. Non pretende situarse como unha farsa política inscrita no noso contexto máis inmediato. Dalgún xeito NOS quere afondar, sempre con humor, nas tendencias totalitarias do comportamento humano. O espectador está convidado a un dos primeiros encontros dun novo movemento revolucionario: NOS. Durante o encontro, os simpatizantes do movemento detallarán o seu programa dun xeito intuitivo a través de imaxes, xestos e o peso da música en directo. Compartirán as súas ideas políticas e farán estallar á nosa cabeza propoñendo ideas próximas a nós pero tamén auténticas atrocidades. Ideas sensatas pero tamén repugnantes. Ao mesmo tempo os catro protagonistas a través de monólogos en verso, máis propio do mundo onírico, transmitirán os motivos internos e as frustracións íntimas que os levan a defender estas ideas. O público, rindo, verá crecer o seu malestar a medida que vai descubrindo as ideas, cada vez máis radicais, que reúnen aos asistentes neste encontro do que tamén forman parte.

 

FICHA ARTÍSTICA:

Elenco: Fede Buso, Martina Greiner, Silvina Katz e Júlia Rosell 

Directora e dramaturga: MARTINA CABANAS COLLELL

Escenógrafo: JOSEP SARSANEDAS

Deseñadora de vestiario: ANA MARKARIAN

Iluminador: SEBASTIÁN FRANCIA

Coreografía: CARLA RÍMOLA

Mestra de canto: MIRTA ARRÚA LICHI

Axudante de dirección: MARTINA KURIGER

Produción: LUCAS LOMBARDÍA

Agradecementos: Javier Daulte e Albert Boadella

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo