Cursos e campaña escolar de Ártika - Páxina 5

Na Sala Ártika en Vigo contamos cunha gran variedade de cursos e programacións para colexios cos cales achegarse ó mundo das artes escénicas: talleres de teatro, clases de danza aérea... Dispoñibles para todas as idades, tanto para nenos coma para adultos.

Técnico de Iluminación 13 Nov

Técnico de Iluminación

13/11/2018 Cursos monográficos

Impartido por Javier Quintana. Curso práctico de Iluminación dirixido a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse e completar coñecementos técnicos para teatro e musicais. Este curso desenvolverase na Sala de Teatro Ártika onde estudaremos e implantaremos os recursos técnicos necesarios para o desenvolvemento do musical. Aprenderemos a desenvolver as competencias do técnico de sala e do técnico en xira dun espectáculo. Teremos a oportunidade de acompañar co noso traballo as tres funciones ...

Ler máis

"Del cuerpo a las emociones" 13 Nov

"Del cuerpo a las emociones"

13/11/2018 Cursos monográficos

Impartido por Nacho De Santis, "Del cuerpo a las emociones" propón investigar a partir do traballo físico do actor o movemento das emocións. Un percorrido pola memoria do corpo co fin de espertar en el zonas expresivas que conformen o propio relato. O presente e o vacío como principal eixe do traballo. Como soltar as ideas e facer foco no particular, apoiándonos no traballo físico e en probas curtas de improvisación. Público destinatario: tanto para adultos como para adolescentes.

Ler máis

Danza aérea en telas 12 Nov

Danza aérea en telas

12/11/2018 Cursos regulares

Sendo unha combinación entre a danza contemporánea e a acrobacia circense, a danza aérea é unha forma excepcional para mellorar o equilibrio, liberar tensións e estimular aspectos como a creatividade e actividade física. Este exercicio físico fai posible a creación de acrobacias e movementos estáticos impulsados por medio de teas, habitualmente coreografiadas e combinando actos físicos pertencentes a outras competencias coma a escalada. Deste xeito, conséguese unha tonificación física e o desen...

Ler máis

Teatro para nenos, adolescentes e adultos 12 Nov

Teatro para nenos, adolescentes e adultos

12/11/2018 Cursos regulares

O Teatro estimula a creatividade e a imaxinación. A través das clases tentamos explorar, estimular e mellorar a capacidade lúdica, tanto dos peques como dos maiores. Aprendemos a debuxar coa nosa imaxinación lugares e personaxes tanto reais como ficticios. Traballamos o linguaxe corporal e xestual en primeiro lugar para despois chegar ao texto. As clases de teatro son terapéuticas e socializadoras. Melloran o autocoñecemento, a confianza e a autoestima. O teatro desenvolve a comunicación e ...

Ler máis

Obxecto da axuda
Programación en salas privadas

Sala Ártika desenvolve todas as actividades de programación de artes escénicas, grazas as axudas de: o Instituto Nacional das Artes Escénicas y Musicales (INAEM), A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Vigo

logo logo logo logo
Aceleración

Sala Ártika desenvolve o proxecto de acompañamento e formación na área de marketing cultural dixital e transformación na xestión que conta con financiamento da Unión Europea - NextGenerationEU no marco das subvencións á aceleración cultural no ámbito das artes escénicas da Xunta de Galicia

logo logo logo logo
Modernización

Sala Ártika recibiu axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

logo logo logo logo
Transición ecolóxica

Sala Ártika é beneficiaria do Bono energía PEME para a transición do equipo de iluminación escénica halóxena a LED.

logo
Asociacións ás que pertencemos

Sala Ártika pertence a Rede Galega de Salas e a Rede de teatros alternativos

logo logo