Entradas para o espectáculo “O MEU MUNDO NON É DESTE REINO – TEATRO DA RAMBOIA” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Sábado 09 e Domingo 10 de marzo de 2024
Hora:
- Sábado 09 de marzo ás 20:00h
- Domingo 10 de marzo ás 20:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)
- En taquilla: Entrada Xeral: 14 €
Idades recomendada: Público adulto
Duración: 85 min
Xénero: Teatro de actores e marionetas
Idioma: Galego
Entradas para o espectáculo “O MEU MUNDO NON É DESTE REINO – TEATRO DA RAMBOIA ” o sábado 09 e domingo 10 de marzo de 2024 na Sala Ártika.
SINOPSE:
Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme “tutilimundi”. A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de pandora latente.
Contar e dar vida ao que contén, supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo.
Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuado entre o micro e macro teatro. Ata que todo remata. Desbórdase.
Neste Reino a inxustiza tínguese de vivas cores querendo despistar ao senso común, ao oprimido. E que ocorre co resto? Cos que lle rodean? Esvaecen nun fondo descolorido.
O MEU MUNDO NON É DESTE REINO, é unha adaptación da “Farsa de Bululú” de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.
Premios:
2020 María Casares á Mellor Dirección para María Peinado
2020 María Casares á Mellor Adaptación para María Peinado
2018 Proxecto Gañador do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais
FICHA ARTÍSTICA:
Elenco: Anxo García e Fran Lareu
Deseño escenografía, marionetas e vestiario: María Peinado
Deseño iluminación: Germán Gundín
Realización escenografía: Armindo Salgueiro e Anxo García
Apoio escenografía: Luís Iglesias “Luchi”
Construción marionetas: Anxo García
Realización vestiario: Nidia Rodríguez Romero
Espazo sonoro: María Peinado
Deseño gráfico: Fran Lareu
Fotografía e vídeo: Sabela Peinado
Fotografía e vídeo espectáculo: No Majors
Técnico de escena: Dani Pais
Cover técnico: Roi López Blanco
Produción: Anxo García
Produción executiva e distribución: Fran Lareu
Dramaturxia e dirección: María Peinado