OS CONTOS DO LOBICAN

REDRUM TEATRO

XI FESTIVAL PEQUEÁRTIKO

Os contos do Lobicán é un espectáculo de monicreques musical e en verso, dirixido ao público infantil de entre 3 e 8 anos. Con texto premiado de Eva Mejuto e dirección de Álex Sampayo, a proposta mestura humor, ritmo e poesía para transformar os contos clásicos nunha aventura chea de valores como a amizade, o pensamento crítico e o respecto pola natureza.

SINOPSE:

Lobicán é un animaliño curioso e entrañable que prefire explorar o bosque antes que estudar, pero que sente unha gran curiosidade pola natureza. Un día, recibe o encargo de levarlle unha torta ao seu avó e, polo camiño, atópase con Xiana, unha nena que busca a casa da súa tía Silvana. A pesar das diferenzas, os dous establecerán unha amizade sólida que lles axudará a superar os perigos do bosque e a comprender o valor da colaboración, a diversidade e o respecto mutuo. Inspirado esteticamente no universo de Wes Anderson, o espectáculo combina narrativa, música e visuais atractivos para crear unha experiencia escénica educativa e divertida.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Eva Mejuto

Dirección

Álex Sampayo

Dramaturxía

Eva Mejuto

En escena

Guillermo Carbajo e Victoria Pérez

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

3

Duración:

60

Xénero:

Teatro de monicreques

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

9

Venta xeral
(en taquilla)

11
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email