Ao referirnos a´ palabra “pai´s” e´ posible que na cabeza de cada persoa comecen a operar sinapses que dean lugar a´ aparicio´n consciente ou inconsciente dun conxunto de termos asociados: nacemento, orixe, patria, nacio´n, fogar, identidade... Tame´n e´ moi probable que na sociedade li´quida contempora´nea na que vivimos ese concepto mude con rapidez, do mesmo xeito en que o fan os nosos ha´bitos, referentes ou inclinacio´ns.
Neste mundo globalizado, que significado outorgamos a´ palabra “pai´s”? Podemos sentirnos identificadas con esa palabra? Onde radica a nosa identidade? Que reaccio´ns provocan en no´s os termos patria ou nacio´n? Experimentamos algu´n tipo de sentimento de pertenza no relativo ao lugar onde nacemos ou pacemos?
O presente obradoiro nace do desexo de Incendiaria (Davide Gonza´lez, Vanesa Sotelo) e A Quinta do Cuadrante (Tito Asorey, Melania Cruz) por investigar arredor do concepto de pai´s, en conexio´n directa co proceso de posta en escena da peza A lu´a vai encuberta, proxecto baseado na obra de Manuel Mari´a co que ambas compan~i´as acadaron o II Premio Manuel María de Proxectos Teatrais.
Despois do seu contacto con diversos colectivos e profesionais vinculados ao teatro documental cos que as compon~entes das compan~i´as tiveron a oportunidade de traballar (Joana Craveiro, Marco Canale, Marco Layera, o colectivo Lagartijas tiradas al Sol, Falk Richter, Nir de Volff, etc) e da su´a propia experiencia na creacio´n de especta´culos vinculados a´ propia vivencia persoal (Microspectivas dun marica millennial, O empapelado amarelo), País e´ un xeito de buscar na sociedade o eco que provocan determinadas palabras cuxo emprego parece resultar cada vez ma´is delicado e controvertido.
DATA: domingo 15 de xaneiro de 2023.
HORARIO: 10h -14h e 16h -20h
OBXECTIVOS
- Crear un espazo que fomente o intercambio de experiencias e opinio´ns a nivel persoal e colectivo.
- Explorar tema´ticas sociopoli´ticas significativas que axuden a reconstrui´r e construÍr certas partes da nosa historia que parecen obviadas, esquecidas ou silenciadas.
- Experimentar arredor de diversos mecanismos de creacio´n colectiva que poidan enriquecer a´s persoas participantes a nivel persoal e creativo.
- Potenciar a creatividade e os materiais persoais como elementos u´tiles para a dramaturxia e a creacio´n esce´nica.
- Explorar as esferas do social e o poli´tico como compon~entes a tratar dende o teatral nun momento de crise de valores no que as ideoloxi´as e os principios semellan estar cada vez ma´is dilui´dos.
- Identificar aquelas experiencias persoais que poden ser u´nicas e universais ao mesmo tempo, detectando cales poden ser os elementos que nos definen individual e colectivamente.
- Fomentar a creacio´n de espazos comunitarios como lugares nos que compartir e aprender.
- Crear un espazo que fomente o intercambio de experiencias e opinio´ns a nivel persoal e colectivo.
- Explorar tema´ticas sociopoli´ticas significativas que axuden a reconstrui´r e construÍr certas partes da nosa historia que parecen obviadas, esquecidas ou silenciadas.?
METODOLOXÍA
A metodoloxi´a sera´ aberta e participativa, fomentando a aprendizaxe cooperativa baseada na creatividade e no desenvolvemento do pensamento anali´tico e cri´tico, deixando asi´ lugar para reflexionar sobre as cuestio´ns expostas e traballadas.
Traballaremos a exploracio´n do corpo e a voz como canles de expresio´n e comunicacio´n, empregando tame´n materiais diferentes como fotografi´as, cartas, cancio´ns, fragmentos de obras literarias, recortes de xornais ou producio´n de textos escritos a trave´s dos que buscar e seleccionar elementos que poidan ser transformados en feito esce´nico.
ESTRUTURA
O obradoiro esta´ estruturado en dúas partes:
- Compilacio´n e creacio´n de materiais en base a unha serie de preguntas propostas polas responsables do obradoiro. A comunicacio´n coas participantes nesta primeira fase sera´ previa ao encontro persoal e fi´sico e tera´ lugar vi´a correo electro´nico.
- Exploracio´n colectiva arredor do termo “pai´s”. Nesta segunda fase, a ma´is extensa e que ten lugar no encontro presencial coas participantes, exploraremos unha serie de dina´micas de creacio´n individual e colectiva botando man de determinados materiais xerados na primeira fase, creando materiais novos a partir das propostas das responsables asi´ como de todas as participantes do obradoiro e dando lugar a creacio´n de micropezas arredor deles.
PÚBLICO AO QUE VAI DIRIXIDO
Inte´rpretes de teatro ou danza, dramaturgos/as, directores/as, e en xeral todas aquelas persoas que desexen explorar o feito esce´nico dende unha perspectiva contempora´nea baseada nas premisas do teatro biogra´fico.
OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE
Número máximo de participantes: 20
Número mínimo: 10
Prezo: 70 euros.
Inscripción: escola@artikavigo.com