PÉREZ, UNA AVENTURA SIN DIENTES

TÍTERES SIN CABEZA

XII FESTIVAL PEQUEÁRTIKO

Espectáculo recomendado para público familiar a partir de 3 anos. Unha historia divertida, tenra e emocionante sobre os primeiros medos da infancia, as comparacións cos demais e a importancia de descubrir que cada persoa medra ao seu propio ritmo.

SINOPSE:

Pérez, una aventura sin dientes, de Títeres Sin Cabeza, é un espectáculo familiar que combina títeres de mesa e interpretación para contar unha historia divertida, emocionante e moi próxima aos primeiros medos da infancia. Guillermo é un pequeno ratiño cun gran problema: é o único da súa clase ao que aínda non lle caeu ningún dente. Mentres os seus compañeiros xa coñeceron o famoso Rato Pérez, el vive co medo de que se rían del por ser o máis pequeno e por non estar á altura. Decidido a cambiar a súa sorte, Guillermo lánzase á aventura fóra da seguridade da súa madrigueira para conseguir, como sexa, o seu primeiro dente. Mais no camiño descubrirá que medrar non consiste en ir máis rápido ca os demais, senón en atopar o propio momento. Unha proposta tenra, divertida e chea de imaxinación para acompañar as crianzas nos seus primeiros medos, comparacións e descubrimentos.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Alicia Juárez Sallén e Fernando Martínez de Vega

Dirección

Alicia Juárez Sallén

Dramaturxía

Alicia Juárez Sallén e Fernando Martínez de Vega

En escena

Elenco Títeres Sin Cabeza

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

3

Duración:

54

Xénero:

Teatro familiar / títeres de mesa / teatro con actores

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

9

Venta xeral
(en taquilla)

11
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email