Entradas para o espectáculo “PUM! PUM! QUEN HAI? – ÁRTIKA CIA” na Sala Ártika de Vigo.
Data: Martes 24 de decembro de 2024
Hora: Martes 24 de decembro ás 12:00h
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- Venta online: Entrada Anticipada: 9 € + gastos de xestión
- En taquilla: Entrada Xeral: 11 €
Idades recomendada: + 4 anos
Duración: 45 min
Xénero: Comedia musical
Idioma: galego
Formato: mediano
Entradas para o espectáculo “PUM! PUM! QUEN HAI? – ÁRTIKA CIA” o Martes 24 de decembro na Sala Ártika.
SINOPSE:
Descobre a maxia dunha aldea galega onde cada día é un xogo. "Pum Pum, Quen Hai?" é unha comedia teatral que nos introduce na vida de Gaia, unha nena espelida que nos guía a través dos xogos tradicionais do seu pobo. Xunto con personaxes tan carismáticos como Tía Maruxa e Don Rosmón, Gaia desafía os segredos das portas veciñas, enredando a todos nunha aventura de risas e revelacións. Cando aparecen novos e misteriosos veciños, o pobo enfróntase aos seus medos cunha serie de equívocos cómicos que nos lembran a importancia da aceptación e a diversidade. "Pum Pum, Quen Hai?" é unha celebración da comunidade e a curiosidade, perfecta para toda a familia.
FICHA ARTÍSTICA
“Pum! Pum! Quen hai?” é unha creación colectiva de Ártika cia.
En escena:
Rocío Salgado como Gaia,
Fernanda Barrio como a tía Maruxa
Marcos Alonso como Don Ramón.
Deseño de escenografia: Ártika cia e SR. Sagüillo.
Espazo sonoro: Jonathan Caramés e Anxo Fernández
Coreografías: Rocío Salgado.
Deseño de iluminación: Anxo Fernández
Vestiario: Fernanda Barrio e Rocío Salgado
Agradecementos:
A Cheli Davila pola súa man e dedicación co vestiario.
Ao concello da Rúa e á Sala Ártika
As entradas para o espectáculo “PUM! PUM! QUEN HAI? – ÁRTIKA CIA teñen un prezo de 11 € ou 9 € + gastos de xestión