PUNCTUM

MANUEL CEBRÍAN TRIO

Concerto recomendado para público xeral. Unha proposta de jazz acústico, íntima e vibrante, na que guitarra, contrabaixo e batería constrúen unha experiencia sonora chea de ritmo, textura e emoción arredor das grandes cuestións da existencia humana.

SINOPSE:

Punctum é o novo proxecto musical liderado polo guitarrista e compositor Manuel Cebrián, acompañado por Paco Charlín ao contrabaixo e David Puíme á batería. Tres músicos cunha ampla traxectoria na escena jazzística nacional e internacional que se xuntan para crear unha proposta acústica, coidada e profundamente expresiva. A música de Punctum inspírase nas grandes cuestións da existencia humana: a familia, a natureza, a vida, a morte e as complexidades de habitar o mundo contemporáneo. Cada composición convida á reflexión desde un espazo sonoro que atravesa a emoción, a escoita e a intensidade da música en directo. O trío explora as posibilidades rítmicas, texturais e tímbricas dunha formación clásica de jazz, mantendo sempre a fidelidade ao son puramente acústico. Nun formato íntimo, o público convértese en testemuña dunha creación viva, onde a interacción entre os músicos está ao servizo do momento presente. Un concerto vibrante e emocionante, pensado tanto para persoas afeccionadas ao jazz de vangarda como para quen se achega por primeira vez a este universo sonoro.

FICHA ARTÍSTICA

Autor/ Creador

Manuel Cebrián

Dirección

Manuel Cebrián

Dramaturxía

Manuel Cebrián

En escena

Manuel Cebrián, Paco Charlín e David Puíme

COMPRAR ENTRADAS

INFORMACIÓN

Recinto:

SALA ÁRTIKA

Público a partir:

15

Duración:

60

Xénero:

Música / jazz / concerto acústico

Prezo

A venda anticipada de entradas en liña só está activa ata 24 horas antes do comenzo da primeira sesión do espectáculo

Venta anticipada
(solo Online)

11

Venta xeral
(en taquilla)

15
Comparte cos teus amigos
Facebook
WhatsApp
Email